Domínguez apela á "unidade de voto" arredor do PP para lograr o "cambio que Pontevedra necesita"

Por Redacción
Para o candidato do PP á Alcaldía de Pontevedra, Rafa Domínguez, este 28M "só hai dúas opcións" de voto. E fronte ao "continuísmo" que aprecia nun BNG e un PSdeG-PSOE "que seguirán pechando a cidade", entende que o cambio só o representa o Partido Popular.
"Estamos cada vez máis preto de alcanzar a maioría absoluta, o que nos permitirá gobernar con firmeza e levar a cabo as transformacións necesarias para impulsar o desenvolvemento e o benestar de todos os veciños", sinalou Domínguez este martes.
Só esta maioría, segundo o candidato popular, permitirá que Pontevedra experimente o "cambio que necesita", algo que considera que "estamos a un paso de logralo".
Por iso é polo que apelase á "unidade de voto" en torno ao PP para derrotar a dous partidos aos que ve "desgastados" e que xeran "descontento e desilusión" entre os cidadáns.
"Pontevedra está lista para un novo liderado, e nós estamos dispostos a asumir esa responsabilidade", subliñou o candidato do PP, que defendeu as bondades dunha proposta "clara e ambiciosa" para revitalizar a cidade.
A proximidade desa maioría absoluta para o PP, sentenciou Rafa Domínguez, reflíctese no "respaldo contundente" que a súa candidatura está a recibir en todos os actos de campaña.
Relacionadas:
-
Rafa Domínguez desafía á chuvia e pecha a campaña do PP prometendo ser "o alcalde do diálogo"
Por Diego Espiño & Mónica Patxot |
-
"Estoy convencido de que voy a ser alcalde de todos los pontevedreses", asegura Rafa Domínguez
Por Oskar Viéitez |
-
O PP propón construír estruturas en altura para ampliar a capacidade dos aparcamentos disuasorios
Por Manu Otero & Juan Manuel García Tajes |
-
28M | Rafa Domínguez (PP): "O modelo Lores 1999 cómproo. Non toco nin unha coma. O de Raíña Vitoria non"
Por Alejandro Espiño & Mónica Patxot |
-
"Monte Porreiro tamén é Pontevedra", reivindica Alfonso Rueda, que arroupa a Rafa Domínguez no barrio
Por Alejandro Espiño |
-
VÍDEO.- Así é o proxecto de Rafa Domínguez para abrir a cidade á ría
Por Redacción |
-
O Hospital Provincial, no programa de Rafa Domínguez: en clave universitaria, con tres novas titulacións e unha residencia
Por Natalia Puga |
-
Paseo relaxado de Feijóo por Pontevedra: "A mí aún no me toca el examen, a mí me tocará después"
Por Mónica Patxot & Oskar Viéitez |