Beth Potter reina en Pontevedra e pon o broche a unha inesquecible Gran Final das Series Mundiais
Por segundo día consecutivo Pontevedra botouse á rúa para vivir o espectáculo da Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon, cunha vibrante carreira elite feminina que coroou á británica Beth Potter.
"Pensabamos que ao ser domingo pola tarde íase a ir moita xente pero é que en todo momento do circuíto había xente, incrible", recoñeceu tras a proba a mellor española en liña de meta, Noelia Juan, cun sobresaliente noveno posto.
"Na última volta foi incrible a xente animando, xúroche que ía case chorando", afirmou a española.
Tamén Miriam Casillas, deportista estremeña do Tríatlon Ferrol e que asinou un posto 18, recoñecía que "se poñían os pelos de punta, sobre todo na subida, de oír a todo o público e ver todas as caras, moitas coñecidas".
En canto á carreira, que comezou coa amarga noticia do abandono da galega Sara Guerrero por unha caída en bicileta ao saír do hotel, Potter e a francesa Cassandre Beaugrand partían como aspirantes ao título mundial, e ambas as dúas saíron en boa posición da natación polo río Lérez, coas españolas algo atrasadas e quedando nun segundo grupo no inicio do ciclismo. Con todo as rendas non eran elevadas, e o primeiro e segundo grupo chegaron á última transición separados por só 13 segundos.
Unha vez máis os 10 quilómetros de carreira a pé polo centro da Boa Vila ían ser decisivos, e aí a mellor foi sen dúbida Beth Potter, que impuxo un forte ritmo para acabar entrando en solitario en meta cun tempo de 1:53:19. Segunda a 18 segundos entraba a tamén británica Kate Waugh e terceira a francesa Beaugrand, que tiña que conformarse co subcampionato mundial.
Noelia Juan chegaba novena (+1:12), Miriam Casillas no posto 18 (+2:18), Anna Godoy no 26 (+3:13) e Marta Pintanel no 42 (+5:44).
Un broche de ouro competitivo unha Gran Final para o recordo, que volveu a confirmar a Pontevedra como capital imprescindible do tríatlon mundial.
Relacionadas:
-
Pontevedra presentará candidatura para organizar de novo en 2027 a Gran Final das Series Mundiais
Por Diego Espiño |
-
O triatleta do CGTD Lucas García Picón, na UCI tras sufrir un accidente mentres adestraba
Por Redacción |
-
Unha Gran Final das Series Mundiais que puxo "a pel de galiña" a Pontevedra
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
A Gran Final das Series Mundiais de Tríatlon, en cifras
Por Redacción |
-
VÍDEO.- Así foi a homenaxe a Javi Gómez Noya, con mensaxes de Alistair Brownlee, Pau Gasol ou Carolina Marín
Por Redacción |
-
Días despois, os triatletas seguen alucinando con Pontevedra: "Púxome a pel de galiña. É algo que lembrarei durante anos"
Por Diego Espiño |
-
E tras o tríatlon... Un 2024 tamén con grandes eventos internacionais de loita e ciclocrós
Por Diego Espiño |
-
Optar a repetir outra Gran Final das Series Mundiais?: "Está aberta esa posibilidade"
Por Diego Espiño |
-
"As próximas sedes terán que mirar a Pontevedra para ver como facer unha Gran Final"
Por Diego Espiño |
-
Unha caída saíndo do hotel deixa sen Gran Final á galega Sara Guerrero: "Era o día máis importante da miña vida"
Por Diego Espiño |
-
Posto 16 para Natalia Castro nun Mundial Sub-23 gañado pola alemá Klamt: "Hoxe non tiña máis pernas"
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
Os Grupos de Idade botan o resto para dar cor e bo ambiente ás Series Mundiais
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
Pontevedra, ateigada, exhíbese ao mundo nunha emocionante Gran Final Masculina
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
Os triatletas réndense a Pontevedra: "Nunca vivira unha carreira así, con tanta xente animando"
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
O lugués Esteban Basanta brilla no Mundial Sub-23 que gaña o alemán Simon Henseleit
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |
-
Susana Rodríguez perde o ouro mundial en paratríatlon por unha polémica sanción: "É unha vergoña"
Por Diego Espiño & Mosrey Fotografía |