O ciclo de Artes Vivas da Bienal chega o seu fin coa actuación da compañía de danza La Ribot

Pontevedra
26 de setembro 2025

Nesta ocasión, debido o aforamento limitado do espazo, requírese dunha inscrición previa que se pode levar a cabo na páxina web da Bienal de Pontevedra

LaRibot LaBOLA Deputación de Pontevedra

A compañía de danza La  Ribot, Premio Nacional de Danza e León de Ouro da Bienal de Danza de Venecia, pecha este venres o programa de Artes Vivas da Bienal despois de 12 sesións de danza, performance e música.

A 32ª edición da Bienal de Arte de Pontevedra remata do mesmo xeito que comezou, cunha acción artística. Se esta cita cultural arrancou coa intervención de luz e son sobre a fachada da capela da Peregrina, da man de Patrick Warrener, o peche estará protagonizado pola peza LaBOLA, concibida con motivo do inicio da Presidencia Española do Consello da Unión Europea en 2023, será interpretada por un ensemble formado polos bailaríns: Mathilde Carmen Chan, Ludovico Paladini e Jan Pollert.

Nun movemento de espiral permanente, tres intérpretes intercámbianse o vestiario, dan vida aos obxectos e compoñen co momento presente e os seus accidentes.

Dese movemento xorden imaxes fugaces, compostas no momento nun xogo de cores e rexistros en cambio constante.

Segundo detalla a organización da Bienal "libre de todo artificio, ao mesmo nivel que os espectadores, LaBOLA invade os espazos e abre un camiño infinito á imaxinación".

LaBOLA     Deputación de Pontevedra

A Ribot é coreógrafa, bailarina e artista visual e, ao longo da súa traxectoria, foi desenvolvendo un corpo de traballo baseado na exploración dos límites do corpo, da danza, do espectáculo, das artes visuais, sempre evolucionando e probando novos modos e espazos para mostrar as súas pezas.

En 2021 recibiu o León de Ouro á súa carreira na Bienal de Venecia de Danza, galardón que se sumou ao Premio Nacional de Danza e á Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes, os cales outorga o Ministerio de Cultura do Goberno de España, ademais de recibir en 2019 o Gran Premio Suízo da Danza.

No discurso de La Ribot con motivo de a cerimonia de entrega do León de Ouro de Venecia 2020 dixo: "Eu imaxínome que poderiamos estar todos bailando sen parar... todos á vez e facendo máis ou menos o mesmo; transformándonos continuamente, pasando por todo tipo de experiencias; partindo, por exemplo, de nós mesmos. Intercambiándonos as camisas, os pantalóns, os gorros, os zapatos, as toallas e os vestidos... as formas, as barrigas, os pelos, os narices, as coxas de pito, as caveiras... os pelos de camelo, as saias longas, os chubasqueiros, as alfombras, as mesas e as cadeiras, os cigarros e as escobas, a música e as luces, os libros, as fregonas e os coitelos... Intercambiar os corpos e as vidas, as historias e as mentiras, as mulleres e os homes; intercambiar os cornos, as queixas e os cus; intercambiar o nome, a cara e o pasaporte".

La Ribot   Deputación de Pontevedra / Pablo Zamora

Esta acción, ademais, pon fin ao ciclo de Artes Vivas da Bienal, comisariado por Iñaki Martínez Antelo, que activou espazos urbanos, patrimoniais e industriais de diferentes lugares da provincia converténdoos en escenarios efémeros abertos ao público onde favorecer encontros e experiencias culturais.

Arquivado en