Igloo, Novedades Carminha, Querido Extraño e Thee Blind Crows, ao Surfing the Lerez o 18 de xuño

Pontevedra
19 de febreiro 2016

Xa se coñecía a data da nova edición do festival Surfing the Lérez pero, aos poucos, a organización vai desvelando os nomes dos artistas e das bandas que formarán parte do cartel dun dos eventos culturais máis esperados de Pontevedra

Surfing the Lérez Diego Torrado

Xa se coñecía a data da nova edición do festival Surfing the Lérez pero, aos poucos, a organización vai desvelando os nomes dos artistas e das bandas que formarán parte do cartel dun dos eventos culturais máis esperados de Pontevedra.

A Illa das Esculturas e o ámbito do río Lérez volverá a encherse de música e diversión o sábado 18 de xuño, volvendo así ás súas datas habituais despois de que o mal tempo obrigase a aprazar a setembro a súa última edición.

Segundo confirmaron os seus organizadores a través de Facebook, esta sexta edición do festival Surfing the Lérez contará cun cartel que estará formado na súa gran maioría por grupos galegos e os primeiros nomes xa se coñecen.

Así, nun primeiro momento anunciouse que este festival, o único que se celebra ao aire libre en Pontevedra, contaría con Igloo, Jhonander, The Phantom Dragsters e Agoraphobia.

Pero nas últimas horas, avanzouse unha nova remesa de bandas e artistas.

Novedades Carminha, Querido Extraño e Thee Blind Crows son as tres novas confirmacións para o próximo Surfing the Lérez e a organización avanza que non serán as últimas.