María Álvarez e Antón de Dios, gañadores do XXIII Premio de Poesía de Marín

Marín
14 de maio 2026
Actualizado: 20:10

Ambos os dous poetas estarán presentes o domingo 17 de maio no acto institucional polo Día das Letras Galegas, cando se lles entregará o galardón

María Álvarez e Antón de Dios, gañadores do XXIII Premio de Poesía de Marín

A poeta viguesa María Álvarez Martínez, coñecida artísticamente como Masha, é a gañadora do XXIII Premio de Poesía Concello de Marín.

Así o decidiu o xurado avaliador, composto por Tamara Andrés, Silvia Penas e Ismael Ramos.

O premio está dotado con 1.000 euros.

O xurado destacou que a obra gañadora, titulada Outros contiños de Canterbury, supón unha recreación "moi fresca", que ten un estilo narrativo que non cae no prosaico e que as imaxes e accións poéticas "están moi ben construídas".

"Presenta unha contemporaneidade que serve como testemuña documental e presenta unha estrutura novidosa e divertida, cunha voz diferente", sostivo o xurado.

María Álvarez Martínez é licenciada en filoloxía inglesa. Actualmente, exerce como profesora no ensino secundario e compaxina o seu labor profesional cunha carreira musical dentro do grupo Os Residuos Atractivas.

Residiu dous anos nos Estados Unidos, o que inspirou o poemario gañador do XV Premio de Poesía Victoriano Taibo: Dakota, e no 2025 foi galardonada coa Residencia Literaria Aodh Ruadh Ó Domhnail (Irlanda). 

Pola súa parte, o accésit de 200 euros que tamén se concedeu no marco deste certame foi para Antón de Dios Riveiro (Cee, 1985), pola súa obra Do meu nome.

Licenciado en tradución e Interpretación pola Universidade de Vigo, este autor conta con dous mestrados, un en traducción multimedia e audiovisual e outro en formación do profesorado.

Actualmente, exerce como docente de inglés no IES Terra de Soneira de Vimianzo.

Ten publicadas as obras As Mans Atlánticas da Ausencia, Alén do Corpo e Apatria. Ademais, gañou o segundo premio no XVIII concurso de poesía das Terras do Chamoso.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora
Arquivado en