Letras Galegas 2026

Entrega dos premios do certame Xaime Illa Couto en Raxó

Poio reivindica a riqueza da lingua e cultura galegas

17/05/2026
Poio

Coincidindo co Día das Letras Galegas, o Concello de Poio entregou os premios do concurso literario Xaime Illa Couto. Foi en Raxó, no centro cultural que leva o seu nome. Alí, o alcalde, Ángel Moldes, asegurou que propostas como estas son fundamentais para "impulsar, potenciar e recoñecer a riqueza e a...

PontevedraViva
Libros editados sobre Begoña Caamaño

Galicia celebra a voz "insurrecta e alegre" de Begoña Caamaño

17/05/2026
Pontevedra

"Un mundo libre non se constrúe con mentiras e nunca será dono de seu un pobo sometido á ignorancia", escribiu en 2012 a xornalista e escritora viguesa Begoña Caamaño, homenaxeada este ano no Día das Letras Galegas. Ese fragmento de 'Morgana en Esmelle', unha das súas obras máis emblemáticas e editada...

Alejandro Espiño
María Álvarez e Antón de Dios, gañadores do XXIII Premio de Poesía de Marín

María Álvarez e Antón de Dios, gañadores do XXIII Premio de Poesía de Marín

14/05/2026
Marín

A poeta viguesa María Álvarez Martínez, coñecida artísticamente como Masha, é a gañadora do XXIII Premio de Poesía Concello de Marín. Así o decidiu o xurado avaliador, composto por Tamara Andrés, Silvia Penas e Ismael Ramos. O premio está dotado con 1.000 euros. O xurado destacou que a obra gañadora, titulada Outros contiños...

Alejandro Espiño
Baamonde, con parte do alumnado participante nesta iniciativa

Universitarios de Pontevedra impulsan campañas en redes sociais a favor do galego

14/05/2026
Pontevedra

O campus de Pontevedra súmase estes días á celebración do Día das Letras Galegas cun amplo programa de actividades que teñen como eixo central a promoción da lingua e da cultura galega. O alumnado de diferentes facultades impulsa iniciativas que van desde campañas en redes sociais ata exposicións gastronómicas e obradoiros...

Oskar Viéitez
Presentación do programa das Letras Galegas

As Letras Galegas e as festas de Campelo marcan a axenda cultural da fin de semana en Poio

13/05/2026
Poio

O Concello de Poio súmase un ano máis á celebración das Letras Galegas cun amplo programa de actividades culturais pensado para todos os públicos e que este ano rende homenaxe á escritora e xornalista galega Begoña Caamaño. O Centro Cultural Xaime Illa, en Raxó, acollerá obradoiros, literatura, música e exposicións ao...

Oskar Viéitez
Obra teatral da compañía A Xanela do Maxín

Teatro, música e contacontos en Meaño para lembrar a Begoña Caamaño

13/05/2026
O Salnés

Meaño súmase á conmemoración do 17 de maio cunha axenda deseñada para achegar a figura e a obra de Begoña Caamaño a toda a veciñanza. A programación, que comeza este xoves e se estende ata o vindeiro luns, combina as actividades formativas nos centros de ensino cos espectáculos abertos ao público. O...

PontevedraViva
Festival das Letras Galegas en Vilagarcía 2025

Un festival escolar inicia a celebración das Letras Galegas en Vilagarcía

13/05/2026
O Salnés

O Concello de Vilagarcía de Arousa presentou a programación deseñada polo Servizo de Normalización, a Concellería de Educación e a de Cultura para conmemorar o Día das Letras Galegas. O calendario de actividades esténdese dende este xoves 14 ata o sábado 23 de maio e inclúe propostas destinadas ao público escolar,...

Anxo Lourido
Presentación das actividades arredor da língua galega

A capital énchese de actividade arredor do galego con programación ata xuño

12/05/2026
Pontevedra

O Concello de Pontevedra volve poñer o galego no centro da vida cultural da cidade coa nova edición de "Maio, Mes da Lingua", un programa que se estenderá tamén durante xuño e que encherá rúas, centros educativos e parroquias de actividades arredor da lingua. A presentación correu a cargo do edil...

Oskar Viéitez
Sergio Guillermo Lourés Miranda
Presentación da XXV Romaría das Letras Galegas

Música, cine e literatura para celebrar a Romaría das Letras Galegas en Bueu

11/05/2026
Bueu

O Concello de Bueu celebrará o próximo 17 de maio a XXV Romaría das Letras Galegas en Sanamedio, a cita central dunha programación que se estenderá durante todo o mes e que inclúe música, cine, literatura e actividades para todos os públicos. O evento desenvolverase durante todo o día no Adro...

PontevedraViva
Trémola Teatro

Teatro e contos para achegar a lingua galega á mocidade na Semana das Letras

11/05/2026
Vilaboa

Vilaboa pon en marcha esta semana unha nova edición da súa programación cultural arredor do Día das Letras Galegas. A proposta, centrada no público infantil e xuvenil, ofrece cinco días de actividades gratuítas que terán como escenarios principais a Casa da Cultura de Riomaior e a Biblioteca Municipal. Baixo o marco do...

Anxo Lourido
A escritora Elena Gallego Abad

Voces destacadas da narrativa galega fan de Marín a Vila das Letras

11/05/2026
Marín

O Concello de Marín presentou a programación da nova edición da Vila das Letras, que se desenvolverá do xoves 14 ao domingo 17 de maio. A proposta cultural integra a autores de recoñecida traxectoria, actividades destinadas ao público infantil e obradoiros de formación literaria en diferentes espazos da vila, como a...

Anxo Lourido
A escritora María Solar

María Solar e Pedro Feijoo encabezan o programa da Vila das Letras en Marín

24/04/2026
Marín

A programación da Vila das Letras en Marín contará coa presenza dos escritores María Solar e Pedro Feijoo durante a fin de semana do 15 ao 17 de maio. O evento, organizado polo Concello na Alameda marinense, inclúe coloquios, presentacións de libros, contacontos e obradoiros.  Pedro Feijoo intervirá o venres pola tarde...

Anxo Lourido