O festival PortAmérica confirmou este xoves a incorporación ao seu cartel para a súa edición de 2022 de dez novas bandas e artistas, que se subirán ao escenario da Azucreira de Portas os días 2, 3 e 4 de xuño.
Así, Xoel López, Depedro, Alice Wonder, WOS ou Instituto Mexicano Del Sonido súmanse á oferta musical do festival, no que estarán tamén o rapeiro catalán Rojuu, os madrileños The Parrots, os xerezanos Flecha Valona e os arxentinos Lisandro Aristimuño e Bizarrap.
Xunto con estas novidades, PortAmérica desvelou o seu cartel por días:
XOVES
Lori Meyers
Delaporte
El Columpio Asesino
Muchachito Bombo Infierno
Natalia Lacunza
Rojuu
Cápsula
Fon Román
Grande Amore
VENRES
WOS
Rozalén
Baiuca
Andrés Suárez
Instituto Mexicano Del Sonido
Coque Malla
Arde Bogotá
Alice Wonder
La La Love You
The Parrots
SÁBADO
Bizarrap
Xoel López
Viva Suecia
Mikel Erentxun
Depedro
Queralt Lahoz
Lisandro Aristimuño
Amparanoia
Dengue Dengue Dengue
Serbia
Dani
Flecha Valona
PortAmérica 2022 contará por primeira vez coa carballeira de Caldas de Reis para a súa acampada. Ademais, o festival presentará unha nova programación musical en sesión vermú que terá lugar as mañás do sábado e do domingo na área termal da Tafona, en Caldas.
Como en anteriores edicións, haberá autobuses ata o recinto do festival desde seis das principais localidades galegas: A Coruña, Santiago, Pontevedra, Cambados-Vilagarcía e Vigo.
Con respecto ás entradas, os abonos comprados en 2020 son válidos para as novas datas e, por outra banda, os novos abonos están á venda a un prezo de 65 euros, mentres que as entradas de día, a 30. A partir do 1 de xuño venderanse os tickets para a zona de acampada.