A balear Marina Sastre, primeiro reforzo do Waterpolo Pontevedra para o seu segundo proxecto en categoría nacional

Pontevedra
23 de agosto 2023

A nova deportista balear, de 21 anos, é o primeiro reforzo confirmado polo club pontevedrés para o seu segundo ano na Liga Nacional de Primeira División 

Marina Sastre, primeira fichaxe do Waterpolo Pontevedra
Marina Sastre, primeira fichaxe do Waterpolo Pontevedra / Club Waterpolo Pontevedra

O Club Waterpolo Pontevedra xa ten á súa primeira fichaxe do novo curso, no que por segunda vez consecutiva competirá na Liga Nacional de Primeira División Feminina.

Trátase de Marina Sastre, xogadora de 21 anos que chega a Pontevedra procedente do Mallorca WC, ao que pertenceu os últimos 11 anos.

"A pesar da súa mocidade achegará experiencia e nivel ao equipo", sinala a entidade pontevedresa sobre a xogadora balear.

Marina Sastre é unha xogadora zurda "para as posicións de 1 e 2" e que se une ao Waterpolo Pontevedra co obxectivo de axudar a conseguir a permanencia en categoría nacional.