A Gimnástica achégase á permanencia en División de Honra masculina cun segundo posto en Barcelona

Pontevedra
16 de maio 2022

Aínda que o club pontevedrés verase abocado á final pola permanencia, chegará a ela cun importante colchón de puntos que deixa na súa man conseguir o obxectivo. O conxunto feminino pola súa banda, castigado polas baixas, métese en problemas na Primeira División

Equipo masculino da Sociedad Gimnástica Sociedad Gimnástica

A Sociedad Gimnástica de Pontevedra ten na súa man seguir un ano máis na máxima categoría nacional co seu equipo masculino, tras a súa gran actuación da fin de semana na segunda  jronada de liga que lle levou ata Barcelona.

O conxunto pontevedrés foi segundo (170 puntos) nun encontro no que se impuxo o Playas de Castellón (214 puntos) pero no que superou o Tenerife CajaCanarias (160 puntos) e o AA Catalunya (134).

Este resultado, unido á da primeira xornada, aboca aos pontevedreses á final pola permanencia que terá lugar o 11 de xuño ao estar clasificados no décimo posto dos 16 equipos participantes, pero faio con 5 puntos, que a punto estiveron de meterlle na final polo título, cun importante colchón sobre os postos de perigo e tendo por tanto ao alcance conseguir o seu obxectivo un ano máis.

En Barcelona a Gimnástica sumou tres triunfos parciais por medio de Iñaki Canal (400 metros), de Hassan Izzeddine (800 metros) e da remuda 4x100 composta por Javier Jiménez, Oriol Madi, Jordi Fossas e Sergio Rodríguez.

Tamén subiron ao podio en segundo lugar Oriol Madi nos 200 metros, Carlos Revolta en martelo, Daniel Chamosa nos 5.000 marcha e a remuda 4x400, mentres que foron terceiros nas súas probas Francisco Lopez en 110 valos, Roberto Tello en 400 valos, Anxo Blanco en lonxitude e triplo salto e Manuel Anxo Simón en disco.

O EQUIPO FEMININO, EN PROBLEMAS EN PRIMEIRA DIVISIÓN

Peor lle foron as cousas ao equipo feminino da Sociedad Gimnástica na segunda xornada de Primeira División, castigado por baixas importantes no seu plantel de atletas.

As pontevedresas foron cuartas en Lleida sumando 150 puntos e sendo superadas polo Aldahra Lleida (156 puntos), o UCAM-Cartagena (171 puntos) e o Piélagos (208 puntos).

Desta forma a Gimnástica accede á xornada final no posto 13 dos 16 equipos participantes, debendo centrarse en salvar a categoría e lonxe do seu obxectivo inicial de pelexar polos primeiros postos.