O Tenis de Mesa Monte Porreiro celebra os bos resultados conseguidos polos seus deportistas no Campionato Galego Absoluto celebrado durante a fin de semana na localidade coruñesa de Narón.
A maior protagonista no club pontevedrés foi Judith Cobas, dando continuidade ao bo momento que vive tras proclamarse campioa do Torneo Estatal.
Cobas asinou en Narón unha 'tripla coroa', ao conseguir o triunfo na categoría individual, nos dobres femininos coa súa compañeira Laura Forte e no dobres mixto facendo parella con Cristofer Santiago.
Aínda por riba o Monte Porreiro pechou a competición subindo ao máis alto do podio a nivel de clubs na categoría feminina.
Tamén subiron ao caixón de honra nos cadros individuais Noa Bernárdez, Mariña García e Cristofer Santiago, todos eles con senllos terceiros postos, e Noa Bernández e Mariña García no dobres feminino, no que caeron na final fronte ás súas compañeiras de equipo.