Arlet Ortiz, ouro no Nacional Junior de Taekwondo e pasaporte para o Campionato de Europa

Pontevedra
05 de xuño 2017

A deportista do Mat's de Marín repetiu triunfo nun Campionato de España de Taekwondo, esta vez en categoría junior, nunha cita na que tamén subiu ao podio o pontevedrés Unai Silva (Mace Sport) cunha medalla de bronce

Arlet Ortiz tras proclamarse campiona de España junior
Arlet Ortiz tras proclamarse campiona de España junior

A localidade alacantina de La Nucia é talismán para Arlet Ortiz. Se o pasado mes de marzo, con só 15 anos, proclamouse campioa de España Sub-21 de taekwondo, a deportista do Mat's de Marín repetiu éxito agora no Nacional Junior.

Arlet colgou a medalla de ouro na categoría de -52 quilos tras unha comeptición inmaculada. Desfíxose en primeira rolda da andaluza Ana Millán (21-0), en cuartos de final á madrileña Iciar Augado (7-0) e nas semifinais á murciana Andrea Rabal (7-2). Xa na pelexa polo título a marinese superou á madrileña Paula Cerro (11-5).

A vitoria leva ademais premio dobre xa que lle outorga a clasificación para o próximo Campionato de Europa da categoría.

O taekwondo pontevedrés tróuxose ademais outras dúas medallas de Alacante, as de Unai Silva (Mace Sport) e Cristina Otero (Mat's), ambos cun bronce nos seus respectivos pesos.

Silva subiu ao podio nos -68 quilos ao perder na semifinal nun apertado combate ante o leonés Pablo Rodríguez (5-6), mentres Cristina Otero foi terceira en -42 quilos ao ceder no penúltimo combate ante a balear Carolina Cortiñas.