As tres xogadoras que denunciaron ao presidente do Leis, pendentes do recurso xudicial e de lograr a baixa federativa

Pontevedra
06 de abril 2015

As futbolistas e o seu ex-adestrador réunense con deputados do Partido Socialista de Galicia, organización, que defenderá no Parlamento "o cesamento fulminante do presidente do club de fútbol sala Leis". Unha das denunciantes, Sara Vázquez, rompe o seu silencio e recoñece que recorreron o auto do xuíz porque "dice que puede haber posible delito"

Encontro entre as xogadoras do Leis e os deputados do PSdeG-PSOE
Encontro entre as xogadoras do Leis e os deputados do PSdeG-PSOE / PontevedraViva

O auto xudicial de primeira instancia rexeitou admitir a trámite a denuncia presentada por tres xogadoras do Leis Pontevedra contra o seu presidente, José Antonio Nieto, por episodios que terían atentado contra a súa dignidade persoal e a súa integridade moral pero o caso, lonxe de pecharse, segue escribindo capítulos.

Faino tras unha reunión das futbolistas denunciantes con deputados autonómicos do Partido Socialista, organización que defenderá de novo no Parlamento que "a Xunta esixa á Federación o cesamento fulminante do presidente do club de fútbol sala Leis para exercer cargos directivos polo seu comportanmento machista", segundo declarou Eva Martínez.

ÿ unha das catro medidas propostas polos socialistas, que se expresaron con dureza ante os medios de comunicación ao entender que "llevamos meses, la situación continúa, el acosador sigue presidiendo un club de fútbol femernino y las jugadoras siguen sin poder jugar", explicou Carmen Acuña, malia que "o propio xuíz recoñece faltas por vexacións, recoñece que existe ese delito pero está prescrito" completou o seu compañeiro Aitor Bouza.

Unha das afectadas, Sara Vázquez, aproveitou a reunión para romper o seu silencio confirmando que "nosotras recurrimos y la fiscal también" ao entender que a sentenza, malia non admitir a trámite a denuncia, "dice que puede haber posible delito".

As xogadoras esperan que a resolución do recurso se produza nas próximas semanas e confían en poder obter a baixa federativa do club, pola que aseguran seguen esperando.

En relación a este aspecto Sara explicou que "el presidente llamó a alguna jugadora que no fue denunciante y que podía ir a por la baja cuando quisiera, que la única condición era que entregásemos los equipajes", ao que elas responderon que "entonces nos tenían que dar el dinero que nos debían de transporte, que estaba prometido y firmado".

Ademais a futbolista asegurou que se senten apoiadas polas actuais xogadoras do Leis "que por suerte no les ha tocado vivir lo mismo pero están con nosotras", aínda que engade iso non pasou porque tras a fusión co Marcón "nosotras preavisamos a las jugadoras de que no se acercaran a ese hombre. Nos decían vuestro presidente qué majo es y nosotras le comentamos que al principio era así pero que luego iba a más y más y que se alejaran de él", sinalou Sara Vázquez.