Os internacionais Carla Fernández, do Team Farto- BTC, e Miguel Rodríguez, do Supermercados Froiz, triunfaron esta fin de semana nas probas raíñas do Trofeo Montes de Eiras da Copa Galicia de Ciclocrós.
A 23 edición da proba autonómica celebrada no Rosal tivo como grandes triunfadores aos ciclistas sub23 que a pasada fin de semana debutaron coa selección española no Campionato de Europa, Carla Fernández e Miguel Rodríguez.
Ambos os corredores impuxéronse sobre os seus rivais tras superar o duro trazado da xornada, deseñado nun piñeiral onde resultaba complicado o avance da bicicleta pola composicón do terreo, que ademais estaba enlamado.
Esa dificultade aproveitouna o ciclista do Froiz para marcar diferenzas desde a primeira volta, asinando o seu sexto triunfo do certame galego cun tempo de 54 minutos e 41 segundos.
Pola súa banda, Carla Fernández conseguiu a súa primeira vitoria absoluta da tempada ao vencer cun rexistro de 39:57 á campioa galega elite Irene Trabazo (XSM). A terceira praza da carreira élita- sub23 foi para Uxía Soto, do Froiz.
Carrera do domingo na Guarda
A última xornada da fin de semana celebrada na Guarda tamén tivo protagonismo do Supermercados Froiz, onde Miguel Rodríguez conseguiu unha nova vitoria e Fabián Rodríguez un terceiro posto. En feminino, Laura Mira alzouse coa primeira praza e Uxía Soto, coa segunda.