O Club Cisne Balonmán está xa preto de dar por pechado o seu plantel de cara ao reto que supón o seu regreso á División de Honra Prata tras pasar un ano na máxima categoría.
O conxunto pontevedrés anunciou este venres a renovación de Carlos Pombo, o que fai que sexan 13 as pezas confirmadas para o seu novo proxecto.
Pombo mostrouse feliz por continuar na que "considero mi segunda casa y mi familia deportiva" para unha tempada na que "esperemos que sea un año de buenos resultados", defendeu tras confirmarse a súa continuidade.
Desta forma o lateral únese a un plantel na que xa figuraban os renovados Álex Chan, Andrés Sánchez, Pablo González, Alejandro Conde, Iván Calvo, Mateo Arias, Dani López, Javi Vázquez, Álvaro Preciado, Juan Novas e Jorge Villamarín e o fichado Daniel Neves.