Dani López, o seguinte en renovar e aceptar o reto de Asobal co Cisne

Pontevedra
21 de maio 2020

Terceira renovación no plantel do club pontevedrés, ademais da do corpo técnico, que vai confirmando aos poucos os nomes que defenderán a súa camiseta nunha tempada histórica, a da súa estrea na máxima categoría do balonmán nacional

Dani López, no partido entre o Cisne e o Torrelavega no CGTD Cristina Saiz

Aínda queda moito para o seu debut. Non se sabe nin sequera en que formato estruturarase a liga. Pero o Club Cisne vai confirmando aos poucos os nomes do equipo que lle representará no seu debut na máxima categoría do balonmán nacional.

O terceiro xogador en pechar a súa continuidade cos pontevedreses e apuntarse así ao reto de xogar na Liga Asobal foi Dani López.

Tras as renovacións de Álvaro Prezado e Jose Leiras, ademais da do corpo técnico, agora tocoulle a quenda a outro home que leva moitos anos na estrutura do club.

Para o extremo dereito "é un orgullo e unha honra poder xogar en Asobal no que equipo no que levo xogando practicamente toda a vida", sinalou.

Será unha tempada que, aos seus 20 anos, afrontará cunha máxima ilusión e na que "espero poder facer gozar á afección cisneísta, á que imos necesitar máis que nunca", explicou tras confirmarse a súa continuidade.