Emilio Oubiña seguirá un ano máis no Peixe Galego

Marín
20 de agosto 2016

A pesar de que a súa intención inicial era deixar o baloncesto en activo, o escolta renova por unha campaña e poderá debutar na Liga LEB Ouro

Alberto Oubiña na final da Copa LEB Prata Alberto Nevado / FEB

A súa intención inicial era deixar as pistas de baloncesto pola dificultade de compaxinalo coa súa actividade laboral, pero finalmente cambiou de decisión polo empeño do club.

Emilio Oubiña renovou por unha tempada co Peixe Galego e poderá gozar do premio de xogar na liga LEB Ouro tras contribuír no ascenso a pasada campaña.

O club e o xogador chegaron a un acordo polo que o escolta non estará obrigado a participar en todos os adestramentos, que levarán a cabo durante todos os días da semana en dobre sesión, de mañá e tarde.

"Achegará carácter e corazón", explica a entidade 'peixe' sobre Oubiña, que se converte na terceira renovación do equipo.

Con esta confirmación o plantel comeza a definirse, xa que se suma á continuidade de Gregorio Adón e Manu Ferreiro e as fichaxes de Javier Múgica, José Siméon, Albert Homs, Mario Cabanas e Tim Derksen.