En marcha o segundo proxecto do Waterpolo Pontevedra en Liga Nacional

Pontevedra
21 de agosto 2023

O equipo pontevedrés, que por segunda tempada consecutiva participará na Liga Nacional de Primeira División, iniciou este luns 21 de agosto os adestramentos pendente aínda da piscina na que competirá

Primeiro adestramento de pretempada do equipo feminino do Waterpolo Pontevedra
Primeiro adestramento de pretempada do equipo feminino do Waterpolo Pontevedra / Club Waterpolo Pontevedra

Ao tallo. O equipo feminino abosluto do Club Waterpolo Pontevedra iniciou este luns 21 de agosto a pretempada da que será a súa segunda campaña consecutiva en categoría nacional.

O conxunto pontevedrés volveu ao traballo nunha sesión en seco celebrada no Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños, pendente aínda de concretar en que piscina poderá competir, estando practicamente descartada a opción de facelo na Olímpica.

Pero iso será a partir do mes de outubro, xa que a liga na Liga Nacional de Primeira División non comezará ata o día 7 dese mes. Ata entón o plantel adestrado por Kike García buscará afinar a súa posta a punto.

Todo para tentar chegar na mellor forma posible ao comezo dun campionato no que o obxectivo principal volverá ser tentar certificar a permanencia.

O Waterpolo Pontevedra quedou encadrado esta tempada no Grupo B da liga, que constará de 8 equipos. Ao termo da primeira fase, os catro primeiros clasificados xogarán polo ascenso e os catro últimos por eludir o descenso.

O debut ligueiro producirase na casa recibindo ao CW Dos Hermanas andaluz.