O Galaico, a pola permanencia na casa na Copa de España de 1ª División: "Sabemos que é difícil"

Pontevedra
16 de decembro 2025
Actualizado: 13:45

O Complexo Deportivo Rías do Sur será escenario desde o venres 19 de até o domingo día 21 da Copa de España de Natación de 1ª División, co Galaico como único representante galego

Presentación da Copa de España de Clubs de Natación de 1ª División

Todo preparado para que aterre en Pontevedra unha das grandes competicións da natación nacional, a Copa de España de Clubs de 1ª División.

O evento, no que o Club Natación Galaico parte como único representante galego, foi presentada este martes no Concello de Pontevedra como avance ao que espera, tres días de intensa competición no Complexo Deportivo Rías do Sur de Ponte Muíños.

A Copa de España arrincará o venres 19 de decembro con sesión de tarde (17.00 horas) e continuará o sábado (9.30 e 17.30 horas) e o domingo 22 (9.30 horas).

Todo coa participación de 386 nadadores de 24 clubs, 12 en categoría masculina e 12 en feminina.

"Sabemos que é difícil a permanencia pero o obxectivo ten que ser ese", afirma sobre as ambicións do Galaico o seu presidente, Alberto Castro, e é que "somos un equipo moi novo e xa subir a Primeira foi todo un logro", asegura.

Non renuncian en todo caso a iso, aínda que deberán quedar clasificados entre o oito primeiros (dous equipos ascenden a División de Honra, seis permanencen e outro seis perden a categoría).

Como principais bazas dos pontevedreses, con 14 nadadoras no seu equipo, aparecen nomes como "Antía García que é récord galego ou Sofía Barros que é medallista nacional", destacou o presidente da Federación Galega de Natación, Juan Carlos Brión.

Esta competición, unha das "máis importantes a nivel nacional" segundo o presidente federativo, supón ademais para o Concello un exemplo da "aposta política" polos deportes de auga en Pontevedra, tal e como destacou na presentación a concelleira de Deportes, Anabel Gulías.