Galicia cita a catro corredores sub 23 do Froiz para os campionatos de España

Pontevedra
13 de agosto 2020

Adrián Barros, Abel Franco, Guillermo García e Aarón Mariño son os elixidos para representar ao combinado autonómico

Adrián Barros é un dos corredores do Froiz citados pola selección galega para os campionatos de España
Adrián Barros é un dos corredores do Froiz citados pola selección galega para os campionatos de España / G. D. Supermercados Froiz

A selección galega de ciclismo fixo pública a súa convocatoria para os campionatos de España que terán lugar o 22 de agosto en Xaén. Entre os citados atópanse catro corredores do Grupo Deportivo Supermercados Froiz.

Adrián Barros, Abel Franco, Guillermo García e Aarón Mariño son os elixidos para tomar a saída no nacional que empezará o día 21 cunha contrarreloxo individual prevista para o 21 de agosto.

A cita sub 23, na que os alimenticios parten coa esperanza de loitar polos postos máis altos da clasificación terá un percorrido de 159 quilómetros entre as localidades de Úbeda e Baeza.