Gómez Noya renuncia a competir con licenza galega por discrepancias coa Federación

Pontevedra
29 de marzo 2016

O pentacampeón mundial de tríatlon se desliga da Federación Galega por uns "hechos muy graves contra mi persona", segundo desvelan este martes os xornalistas Paulo Alonso e Antón Bruquetas en La Voz de Galicia. Gómez Noya seguirá adestrando en Pontevedra e competindo coas cores do Cidade de Lugo

Javi Gómez Noya, durante a sinatura do patrocinio do Concello de Pontevedra
Javi Gómez Noya, durante a sinatura do patrocinio do Concello de Pontevedra / Mónica Patxot

O mellor triatleta de todos os tempos, Javier Gómez Noya, decidiu romper relacións coa federación autonómica renunciando a competir baixo licenza galega.

Esta decisión prodúcese por "unos hechos muy graves acontecidos contra mi persona de cierta persona que representa a la federación", segundo desvelan este martes os xornalistas Paulo Alonso e Antón Bruquetas en La Voz de Galicia.

O pentacampión do Mundo prefire polo momento non profundar no asunto, aínda que esta publicación sinala a que as discrepacias refírense á relación co que foi o seu adestrador, Omar González, actualmente responsable do grupo de elite de tríatlon no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra.

A partir de agora, Gómez Noya competirá con licenza nacional, aínda que a decisión non supoñerá máis cambios, xa que seguirá adestrando habitualmente na cidade de Lérez e representando nas competicións ao Cidade de Lugo Fluvial.

A Federación Galega de Tríatlón ten previsto reunirse de urxencia para valorar esta decisión antes de pronunciarse de maneira oficial respecto diso.