Homenaxe aos mellores deportistas marinenses de 2017

Marín
27 de xaneiro 2018

O salón de plenos do  Concello de Marín foi escenario este venres da Gala do Deporte, na que se entregaron 11 premios e dúas distincións recoñecendo o traballo e esforzo de deportistas e clubs ao longo do último ano

Gala do Deporte de Marín PontevedraViva

Cheo absoluto no Salón de Plenos do Concello de Marín na Gala do Deporte local celebrada este venres ante a presenza de autoridades, familiares, amigos e veciños dos galardoados.

En total entregáronse 11 premios e dúas distincións recoñecendo o traballo e esforzo de deportistas e clubs ao longo do último ano nun acto conducido por Terio Carreira, xornalista da Televisión de Galicia. 

Dous  taekwondistas como Arlet Ortiz, medallista europea  junior, e Pablo Fernández, campión nacional e participante no Mundial, foron premiados como mellores deportistas de 2017. 

Foi a gala do taekwondo xa que o seu club, o Mat's, foi recoñecido como mellor club do ano, Iván García foi seleccionado como mellor deportista revelación masculino e Damián Garrido na categoría de veteranos.

Tamén foron premiados Paula de la Torre (atletismo) como mellor deportista revelación feminina, José Francisco Juncal (atletismo) como mellor adestrador, Aarón Ortiz (tríatlon) como mellor deportista con discapacidade, Celso Méndez Fraguas pola súa traxectoria, a Supercopa de España de Judo como mellor evento e a empresa Ence como reconocimento ao seu apoio en forma de patrocinios.

Por último entregáronse dúas mencións especiais a Alberto Teijeira, adestrador do Team Thunder de boxeo, e a Hugo Mallo, futbolista do Celta de Vigo.