Jéssica Bouzas avanza a segunda rolda do WTA 1.000 de Roma

O Salnés
06 de maio 2025
Actualizado: 13:51

A xogadora arousá sobreviviu a unha dura batalla de tres sets fronte á estadounidense Ann Li para seguir viva no WTA 1.000 da capital italiana

Jéssica Bouzas, nun partido con España na Billie Jean King Cup RFET

Importante vitoria a conseguida este martes por Jéssica Bouzas na súa estrea no cadro principa do WTA 1.000 de Roma, un dos principais torneos da tempada en terra batida.

A tenista arousá avanzou a segunda rolda de cadro tras superar unha dura batalla fronte á estadounidense Ann Li, número 59 do ranking mundial.

Foron 2 horas e 20 minutos de intenso partido decidido no desempate.

Bouzas levou a primeira manga por 6-3, pero cedeu na segunda por 5-7.

Despois resistiu cando ía en desvantaxe, coa súa rival chegando a sacar para pechar o partido, para forzar o tie break e acabar vencendo nun partido que confirma as boas sensacións mostradas hai poucos días no WTA.1000 de Madrid.

Con Roland Garros xa cada vez máis preto, Jéssica Boouzas buscará chegar o máis lonxe posible en Roma, aínda que na segunda rolda espéralle unha dura rival.

Esa tenista será a ucraína Elina Svitolina, actual número 14 das listas pero que chegou a ser a terceira mellor do Mundo.