Maristas e Cortegada, primeiros test de pretempada para o Arxil

Pontevedra
02 de agosto 2023

As verdes iniciarán a pretempada o 4 de setembro e debutarán en Copa Galicia o día 20 no CGTD contra o Maristas e logo visitarán Vilagarcía o día 23  

Partido de Liga Femenina 2 entre Arxil e Maristas Coruña no CGTD

Primeiras datas de pretempada confirmadas para o Club Baloncesto Arxil, co sorteo da Copa Galicia de baloncesto feminino. O equipo pontevedrés quedou encuandrado nun grupo con outros dous rivais da liga Feminina 2, o Mariscos Antón Cortegada de Villagarcía e o Maristas Coruña.

O primeiro clasificado desta liguiña clasificarase para a primeira semifinal que terá lugar o día 29 de setembro nunha cancha aínda por determinar e co Ensino de Lugo como rival. A outra semifinal medirá ao Celta co Baxi Ferrol.

O debut das verdes está previsto para o 20 de setembro no CGTD contra o Maristas, mentres que o día 23 visitarán Vilagarcía para enfrontarse ao Mariscos Antón. 

O obxectivo principal do Arxil nesta cita autonómica non é outro que o de empregar os dous partidos como preparación para o inicio de liga. Ademais o cadro pontevedrés ten previstos outros dous amigables en Portugal os días 24 e 25 de setembro.

Ás ordes de Mayte Méndez, o Arxil iniciará os adestramentos o día 4 de setembro.