O Arosa queda sen gol e empata co Estradense

O Salnés
15 de outubro 2023

O Arosa recibiu este domingo na Lomba ao Estradense despois de sumar a pasada fin de semana o primeiros tres puntos da tempada, pero a pesar de chegar con moita ilusión ao duelo e ter a mellores ocasións, o conxunto arlequinado foi incapaz de pasar do empate sen goles    

Partido entre Arosa e Estradense na Lomba Arosa SC

O Arosa recibiu este domingo na Lomba ao Estradense despois de sumar a pasada fin de semana o primeiros tres puntos da tempada, pero a pesar de chegar con moita ilusión ao duelo e ter a mellores ocasións, o conxunto arlequinado foi incapaz de pasar do empate sen goles.

O estado do terreo de xogo pola choiva caída durante o día e a defensa de cinco coa que saltou ao verde o equipo da Estrada condicionou a estratexia dos de Luisito, que tiñan dificultades á hora de circular o esférico e eran incapaces de atopar ocos entre un rival que esperaba atrás e practicamente só defendía.

Tras o paso polos vestiarios moveu ficha o técnico local e chegaron as mellores ocasións do seu equipo por parte de Iñaki e de Sylla, que obrigaron a Isra a realizar dúas intervencións providenciales coas que mantivo a portería a cero.

Un traballo dun Arosa que unha vez máis queda sen recompensa e segue estancado na 13 posición con seis puntos.