O Dicsa Modular Cisne avanza na composición do seu novo proxecto deportivo coa confirmación da que é a súa primeira fichaxe.
Trátase do lateral esquerdo Daniel Neves. O portugués, de 20 anos de idade e unha altura de 188 centímetros, reforzará a primeira liña do equipo.
Formado no Sporting de Portugal, pasou por equipos como o Benfica e o Boa Hora FC de Lisboa, ao que defendeu a última campaña na liga lusa.
"Quiero dar muchas gracias a todos los que han confiado en mí. Pueden contar conmigo y con mi máxima fuerza para todos los partidos y entrenamientos de esta temporada", sinalou Neves tras confirmase a súa incorporación ao club pontevedrés.
Daniel Neves é o terceiro xogador confirmado no cadro cisneísta tras as renovacións de Álvaro Preciado e de Jorge Villamarín.