O filial do Arxil ascende a Primeira Nacional

Pontevedra
01 de maio 2017

A pesar de perder en Sarria, o segundo equipo do club pontevedrés fixo valer os seis puntos de renda polos que gañara no partido da primeira volta da fase de ascenso ante o mesmo rival para facerse co ascenso

O filial do Arxil celebra o ascenso a Primeira Nacional
O filial do Arxil celebra o ascenso a Primeira Nacional

Importante triunfo para o Club Baloncesto Arxil en Sarria. Alí, o seu filial logrou o ascenso a Primeira Nacional despois dun partido que se decidiu nun final de infarto.

As pontevedresas perderon na cancha do Sarria (68-63), o outro equipo que aspiraba ao título galego na última xornada da fase final da competición, pero os seis puntos de renda polo que o Arxil gañara na ida (63-57) resultaron decisivos.

O Arxil Mafari comezou ben o encontro e chegou a dominar por sete puntos, pero aos poucos as locais melloraron e empezaron a mandar ata chegar ao últimos dez minutos cunha vantaxe que lles daba o ascenso (50-40).

Non estaba polo labor o Arxil de vender barata a derrota. Voltearon o marcador a falta de tres minutos, pero tras varios erros o Sarria recuperou a iniciativa e chegou a ter unha posesión final para facerse co título. Fallou e por un só punto o ascenso veu a Pontevedra para un filial arxilista que asinou así unha notable tempada.