O futuro da portería do Pontevedra está nas súas mans

Pontevedra
05 de abril 2018

Jorge Carrillo recoñece estar aínda "un poco en estado de shock" pola súa convocatoria coa Selección Española Sub-16. O xoven gardameta de Poio, de só 16 anos, apela á humildade e ao esforzo para seguir crecendo no mundo do fútbol e, por que non, chegar a defender algún día a portería de Pasarón

Jorge Carrillo, no Estadio Municipal de Pasarón PontevedraViva

Leva defendendo a camiseta do Pontevedra Club de Fútbol desde o primeiro ano da categoría infantil. Pasou ademais polo cadete de División de Honra e a pesar de contar aínda con só 16 anos é xa un habitual no xuvenil de División de Honra, unha precocidade que unida ao seu extraordinario rendemento chamou a atención dos técnicos da Real Federación Española de Fútbol.

Jorge Carrillo (Poio, 2002) aínda se declara "un poco en estado de shock" pola súa convocatoria coa Selección Española Sub-16, para unhas xornadas de adestramento que se celebrarán en Las Rozas do 9 ao 11 de abril e nas que compartirá vestiario con algunhas das grandes promesas do fútbol nacional.

El xa é unha das perlas da casa granate, na que espera seguir crecendo cun ollo posto na portería do Estadio Municipal de Pasarón. Aínda que di que "no me planteé eso aún", a receita para chegar ao primeiro equipo tena máis que clara, "siempre ir con humildad y mucho respeto".

O xoven gardameta asegura que "no me esperaba para nada esta noticia", pero agora móstrase convencido de "intentar aprovecharlo con mucha ilusión y muchas ganas".

Jorge Carrillo: "La verdad es que me gusta mucho Ter Stegen, me parece de los más completos hoy en día"

Chegou ao fútbol case de rebote. "No me gustaba, yo iba a judo", recoñece, pero o seu cumán animoulle a probar como porteiro e "al final me acabó gustando mucho", explica con timidez e agradecendo o apoio de familia, amigos e compañeiros no equipo xuvenil do Pontevedra, onde a pesar de ser o máis pequeno do plantel acolléronlle "súper bien". Tamén ten palabras para o actual adestrador do primeiro equipo granate Luismi, con quen coincidiu esta tempada e do que revela "me marcó mucho porque me gusta mucho su manera de entender el fútbol".

Un espello no que mirarse? "La verdad es que me gusta mucho Ter Stegen, me parece de los más completos hoy en día", explica Jorge Carrillo sobre o porteiro alemán do Fútbol Club Barcelona, palabras maiores para un xogador que aos seus 16 anos só quere gozar da súa paixón e soñar con chegar lonxe, e se é vestido de granate moito mellor.