O Natación Galaico e a Universidade de Vigo unen forzas

Pontevedra
30 de maio 2018

Mellorar as condicións en adestramento en etapas de formación é o obxectivo do convenio de colaboración asinado polo club pontevedrés con Emerson Ramírez, profesor da Facultade de Ciencias da Educación e do Deporte 

O profesor Emerson Ramírez e a presidenta do Natación Galaico, Amparo Porta Universidade de Vigo

Como mellorar a preparación e o rendemento dos nadadores de formación será o obxectivo do contrato de I+D formado entre o Club Natación Galaico e a  Universidade de Vigo.

En concreto Emerson Ramírez, profesor da Facultade de Ciencias d Educación e do Deporte, desenvolverá unha investigación en colaboración dos adestradores do club para avaliar, con nadadores e nadadoras de entre 8 e 16 anos, a organización e distribución das cargas de adestramento das diferentes capacidades físico-motoras (forza, resistencia, velocidade, flexibilidade e coordinación), e a súa adecuación coas diferentes fases de desenvolvemento dos deportistas. 

Esta colaboración supón "un antes e un despois para o club en canto aos métodos de adestramento", sinalou a presidenta do Galaico, Amparo Porta.

Pola súa banda o docente destacou que a maioría dos estudos científicos referidos á natación realízanse con deportistas de alto rendemento, mentres que son escasos os centrados en idades de formación.

"Ao longo de todo o proceso faremos probas físicas e técnicas adaptadas para cada idade", explicou  Emerson Ramírez, cunha análise que comprenderá o dominio das habilidades acuáticas, probas de axilidade e coordinación fose da auga, probas de forza, probas de técnicas específicas de nado e os seus fundamentos (saídas, xiros e chegadas), que serán avaliadas a través de tests. A estas avaliacións sumarase un control dos volumes, intensidades e recuperación das cargas aplicadas relacionándoos con resultados nas competicións. Así mesmo, o estudo comprende tamén a realización de controis psicolóxicos tanto nos adestramentos como en competición.