O Natación Galaico, mellor club do Campionato Galego de Longa Distancia

Pontevedra
09 de novembro 2015

O club pontevedrés impúxose a outros oito equipos na competición que organizou o pasado sábado no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuiños

XII Campeonato Gallego de Natación Larga Distancia Diego Torrado

Destacado papel do Club Natación Galaico no XII Campionato Galego de Longa Distancia, que organizou a pasada fin de semana no Complexo Deportivo Rías do Sur de Pontemuiños.

O club pontevedrés finalizou a competición, celebrada na piscina de 25 metros e con cronometraxe manual, como o mellor equipo dos nove participantes.

O Galaico terminou con 149 puntos, polos 108 do Natación Riveira e os 104 do Liceo, equipos que lle acompañaron no podio. 

A nivel individual as pontevedresas Águeda Cons, Paula Goyanes e Iria García impuxéronse nas categorías junior 1, junior 2 e senior respectivamente.

Ademais Ana Pérez colgou a prata en junior 2 e Daniel Sánchez e Cristian Fernández foron bronce en categoría junior 2 e senior respectivamente.