O Pontevedra solicita xogar este mércores o partido aprazado co Guijuelo

Pontevedra
10 de xaneiro 2021

O Pontevedra CF solicitou á Federación Española de Fútbol disputar o partido suspendido ante o CD Guijuelo esta mesma semana. O conxunto granate pediu disputalo o vindeiro mércores 13 de xaneiro ás 19:00 horas e así "non alterar o calendario de competición establecido"

Partido entre Pontevedra e Guijuelo en Pasarón
Partido entre Pontevedra e Guijuelo en Pasarón / Diego Torrado

O Pontevedra CF solicitou á Federación Española de Fútbol disputar o partido suspendido ante o CD Guijuelo esta mesma semana.

O encontro, que debía disputarse este domingo no Estadio Municipal de Pasarón, foi aprazado o día anterior debido á imposibilidade de viaxar do equipo rival polas inclemencias metereolóxicas.

Desta forma, o conxunto granate pediu disputalo o vindeiro mércores 13 de xaneiro ás 19:00 horas e así "non alterar o calendario de competición establecido".

Espérase que a RFEF comunique unha decisión nas próximas horas.