O taekwondo exhibe músculo en Príncipe Felipe

Pontevedra
30 de outubro 2016

Gran ambiente deportivo na Cidade Infantil Príncipe Felipe grazas ao XIX Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de taekwondo, con máis de 1.300 deportistas inscritos

XIX Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de Taekwondo
XIX Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de Taekwondo / Diego Torrado

O pavillón da Cidade Infantil de Príncipe Felipe quedou pequeno para acoller aos competidores do XIX Torneo Internacional Cidade de Pontevedra de taekwondo.

Máis de 1.300 deportistas déronse cita nun evento que invadiu a instalación no medio dun gran ambiente.

A maior parte dos participantes, de ata 60 clubs de España e Portugal, competiu durante unha intensa xornada de sábado, na que se disputou a modalidade de combate.

Para o domingo quedou a técnica, o freestyle e a exhibición que pon fin a unha nova edición dun evento convertido en multitudinario e empeñado en demostrar o arraigamento do taekwondo na cidade.