O Pontevedra CF terá unha semana máis para recuperarse da resaca copeira tras confirmarse a suspensión do partido deste domingo fronte ao Guijuelo polo temporal de neve.
O Xuíz de Competición da RFEF autorizou o aprazamento do encontro que tiña que disputarse este domingo no Estadio Municipal de Pasarón a partir das 17:00 horas ante a imposibilidade de desprazamento do conxunto visitante debido ás inclemencias metereolóxicas.
Pola súa banda, segundo confirmou o club granate, o xogador contaxiado por covid-19 xa está recuperado pero contará coa baixa de Charles para o partido ante o Racing de Ferrol. O brasileiro non poderá cumprir esta semana o partido de sanción polo que terá que esperar unha semana.
Charles non xogará contra o Racing a non ser que o partido aprazado recupérese esta mesma semana, posibilidade pouco probable.