Pontemuíños, escenario da gran competición da natación galega

Pontevedra
05 de xullo 2019

Máis de 400 nadadores de 27 clubs galegos compiten desde este xoves e ata o domingo 7 de xullo no Campionato Galego Absoluto, Júnior e Infantil que se está celebrando na piscina olímpica pontevedresa

Campionato Galego Absoluto, Júnior e Infantil de Natación en Pontemuíños Cristina Saiz

A natación autonómica ten unha cita esta fin de semana en Pontevedra coa disputa da que é a súa gran competición, o Campionato Galego Absoluto, Júnior e Infantil de Verán.

Desde este xoves e ata o domingo 7 de xullo son 402 deportistas os que compiten na piscina olímpica pontevedresa, defendendo a 27 clubs da comunidade.

O formato da competición, con dobre sesión de mañá e tarde en piscina de 50 metros e crono electrónico, imita aos das grandes competicións.

Na categoría absoluta, o club anfitrión, o Natación Galaico, domina tanto a categoría feminina como a masculina desde a primeira xornada, mentres que na categoría júnior destaca o Pabellón de Ourense e na Infantil o CN Ferrol.