Quinta seguida do Arxil vencendo o ADBA no CGTD (57-50)

Pontevedra
02 de decembro 2023

O equipo pontevedrés consolídase na cuarta posición da Liga Feminina 2 tras un traballado triunfo no Centro Galego de Tecnificación Deportiva

Partido entre Arxil e ADBA no CGTD Cristina Saiz

Segue de doce o Club Baloncesto Arxil, que este sábado sumou a súa quinta vitoria consecutiva na Liga Feminina 2 que lle fai condolidarse na cuarta posición da clasificación.

O conxunto pontevedrés superou no Centro Galego de Tecnificación Deportiva o ADBA de Avilés, e fíxoo mostrando a súa versión máis rochosa e nun encontro tremendamente traballado desde a defensa.

Heather Forster comandou ás arxilistas nun primeiro cuarto no que asinou 6 puntos e 4 rebotes para lanzar ao equipo a un 15-9 no marcador.

Non era unha vantaxe ampla, pero entrouse a partir de aí nunha fase de máxima igualdade que non permitía voltear o electrónico, aínda que ADBA reducía mínimante ao descanso (24-20).

Era un partido para tenteo baixo, chegando aos 10 minutos decisivos cun apertado 39-35.

Había que amornar nervios e fíxoo mellor o Arxil, cun 18-15 no cuarto definitvo que levou o marcador ao 57-50 final.

Consulta aquí a acta do partido entre Arxil e ADBA.