A confección do plantel para a nova tempada continúa 'vento en popa' para o Club Cisne Balonmán, que anunciou este domingo unha nova renovación nas súas filas.
Trátase do pivote de 19 anos Román Arboleya, que continuará ligado á entidade branca un ano máis igual que o canteirán Mateo Arias e o hispano-portugués André de Moura.
Arboleya quixo agradecer ao presidente Santi Picallo e á directiva "por confiar na miña en todo momento e sobre todo aos meus compañeiros, que me estiveron apoiando nesta gran tempada".
Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde
Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.