Tres cisneístas, ao Campionato de Europa Xuvenil de balonmán

Pontevedra
27 de xullo 2021

O seleccionador nacional e adestrador do Cisne, Javier Fernández 'Jabato, incluíu tres xogadores pontevedreses na convocatoria final para participar no Europeo Xuvenil de Croacia que se disputará no mes de agosto

Carlos Álvarez, Jabato, Daniel Virulegio e Pablo González nunha concentración dos Hispanos Xuvenís
Carlos Álvarez, Jabato, Daniel Virulegio e Pablo González nunha concentración dos Hispanos Xuvenís

O Campionato de Europa Xuvenil de balonmán que se celebrará entre o 12 e o 22 de agosto en Croacia terá acento pontevedrés.

Tres xogadores do Club Cisne Balonmán foron incluídos na convocatoria final para o torneo ofrecida polo seleccionador nacional e técnico do club pontevedrés, Javier Fernández ' Jabato'.

Trátase do gardameta Pablo González, o extremo Carlos Álvarez e o pivote Daniel Virulegio, presentes xa nas últimas concentracións dos Hispanos Xuvenís.

Os 16 xogadores convocados foron citados o próximo 1 de agosto en Madrid, onde levarán a cabo o último stage de preparación antes da cita continental con dous amigables previstos fronte a Portugal (5 e 7 de agosto).

A Selección Española Xuvenil medirase en Croacia aos equipos de Suecia, Hungría e Israel dentro do Grupo B da competición.