Violeta Crespo sobe ao primeiro equipo do Arxil

Pontevedra
30 de xullo 2020

Mayte Méndez contará coa aleiro para o primeiro equipo en Liga Feminina 2, aínda que a súa ficha seguirá sendo polo momento do filial de Primeira Nacional

Renovación de Violeta Crespo co Arxil Club Baloncesto Arxil

O Club Baloncesto Arxil confirmou que contará con Violeta Crespo para os plans do primeiro equipo na Liga Feminina 2.

A aleiro, que chegou ao club hai dúas tempadas tras formarse na base do Porriño, dará desta forma o salto ao primeiro plantel, aínda que a súa ficha estará vinculada ao filial de Primeira Nacional.

"Violeta é un bo reflexo de como se traballa no Arxil. Creo que vai seguir crecendo moito e nun persoal tan novo será unha máis. Aínda que non será sinxelo, a súa capacidade de traballo poñerallo máis fácil", sinala dela a que foi o seu adestrador no segundo equipo a pasada campaña, Lino Vázquez.

"Es un club muy familiar y me siento muy afortunada de seguir formando parte de él", asegura pola súa banda a xoven xogadora, que declarou estar "muy feliz de poder empezar mi tercera temporada aquí".

Coa súa achega o persoal do Arxil de LF2 segue a tomar forma, sumándose ás confirmadas Natalia López, Carla Fernández, Cristina Díaz-Pache, Margarita Moreira, Noa Casalderrey, Heather Forster, Noelia Masiá e Bineta Ndoye.