Representantes dos estudos Nieto Sobejano, Kengo Kuma, a UTE David Chipperfield-Carlos Seoane, Kaan, e da UTE Snohetta-Alfonso Penela dábanse cita este martes en Santa Clara para realizar unha primeira visita conxunta ás instalacións do complexo do antigo convento.
César Mosquera, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, e Xosé Manuel Rey, director do...
Felices e "gratamente sorprendidos". A pesar de que os criterios eran "moi ambiciosos e esixentes", a rehabilitación do convento de Santa Clara, que se integrará no Museo de Pontevedra, espertou o interese de estudos de arquitectura de todo o mundo.
Así o destacaron este xoves os máximos responsables da Deputación de...
O antigo convento de Santa Clara xa é da Deputación Provincial. Este martes, o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, e a presidenta provincial, Carmela Silva, asinaron o convenio polo que o Concello cede oficialmente as instalacións, para que pasen a formar parte do Museo de Pontevedra.
A sinatura foi...
No ámbito cultural, o 2022 pasará á historia como o ano en que o antigo convento de Santa Clara se convertía no sétimo edificio do Museo de Pontevedra.
A finais de 2021, o Concello de Pontevedra, propietario do recinto, decidiira ceder o inmoble á Deputación Provincial coa intención de que se...
No prazo dun mes, unha vez formalícese o contrato entre as empresas Ingeniería, Geotecnia y Calidad SL e José Manuel Revelles Benavente coa Deputación, deberá estar finalizado o estudo con catas, endoscopias, termografías e electromagnetismos para ofrecer información fiable sobre o estado do convento de Santa Clara, antes de iniciar o...
Suso Vila, historiador responsable do baleirado documental sobre as clarisas no estudo histórico artístico que o Museo e a Deputación de Pontevedra encargaron meses atrás, ofrecía unha charla sobre os papeis de Santa Clara nas instalacións do convento.
Alí realizaba un percorrido cronolóxico desde a fundación ata a actualidade e relatou...
Aldara Rico, responsable de Conservación e Restauración no traballo de campo do convento de Santa Clara, protagonizaba este martes a charla 'Compoñendo quebracabezas', un acto organizado pola Deputación e o Museo de Pontevedra para explicar os labores realizados neste espazo durante os últimos meses.
Ao longo da intervención, a relatora destacaba...
Os engadidos que se foron facendo, sobre todo ao longo do século XX, á estrutura orixinal do convento de Santa Clara foron "un pouco desastre". De aí que a súa restauración traballará sobre a base de "poñer remedio" á situación na que está todo este complexo.
Así o avanzou este mércores...
Os actos programados para conmemorar o primeiro ano 'público' de Santa Clara xa están en marcha. Arrancaron co primeiro dos faladoiros organizados pola Deputación de Pontevedra para divulgar o alcance dos achados que se atoparon nas escavacións arqueolóxicas.
Foi da man dos arqueólogos responsables das escavacións e do estudo histórico artístico,...
Hai case un ano, o 1 de decembro de 2021, o Concello formalizou a compra de Santa Clara. O convento, pechado á cidade durante sete séculos polo seu carácter de clausura, pasou a ser patrimonio público. Unha "segunda vida" que, segundo o alcalde, superou todas as expectativas.
A curiosidade que espertou...
Cun ton "construtivo" e coa intención de ambas as partes de "chegar a acordos". Así transcorreu, segundo destacaron ambos, a primeira reunión institucional entre o presidente da Xunta, Alfonso Rueda, e o alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores.
"Foi un encontro sen présas, con calma e con respecto ao posicionamento...
As escavacións arqueolóxicas realizadas nos últimos tres meses no convento de Santa Clara permitiron realizar un traballo "moi exhaustivo", a "maior intervención deste tipo realizada en Galicia" ata o de agora, en palabras do vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera. E agora que xa están "practicamente rematadas", toca facer...
As escavacións arqueolóxicas que se están levando a cabo no Convento de Santa Clara tras a súa adquisión por parte do Concello de Pontevedra están pequenos tesouros sobre a historia da cidade.
O último deles atopados foi un pequeno anel que "ten como mínimo 500 anos", explicou o concelleiro pontevedrés César...
Dez meses despois de que Santa Clara pasase a ser público, confirmouse o que era un secreto a voces. O antigo convento será cedido ao Museo de Pontevedra. "É un paso definitivo e firme", segundo os seus responsables. Será o sétimo edificio do seu complexo artístico.
"O Museo precisaba unha ampliación...
O vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera, deu conta este venres en rolda de prensa dos novos achados feitos nas escavacións no convento de Santa Clara que finalizarán este mes de setembro.
Os traballos feitos polo equipo de arqueoloxía veñen de revelar que o claustro, que a día de hoxe...
A Deputación de Pontevedra, a través do Museo, publicou o primeiro episodio videográfico das escavacións que se realizan no convento de Santa Clara. Serán tres pezas audiovisuais.
Nesta primeira entrega, Rafael Rodríguez Martínez, director da intervención, explica que se están a executar sesenta sondaxes arqueolóxicas nunha superficie de 700 metros cadrados dentro...
César Mosquera, vicepresidente da Deputación de Pontevedra, sinalaba este mércores que as escavacións que se acometen no claustro de Santa Clara ofrecen a aparición de numerosos enterramentos a distinto nivel en diversos puntos do recinto conventual.
O representante provincial manifestou que este espazo é unha "auténtica caixa de sorpresas" ao sinalar...
O equipo multidisciplinar que está a elaborar o estudo arqueolóxico do convento de Santa Clara recibía este xoves a inesperada visita da presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o vicepresidente, César Mosquera que quixeron coñecer de primeira man os avances logrados tras un mes de traballo.
Durante este tempo...
Quedan aínda semanas de traballo por diante, pero as escavacións arqueolóxicas que se están levando a cabo no Convento de Santa Clara están a sacar á luz algúns dos seus segredos.
A presidenta da Deputación, Carmela Silva, o vicepresidente, César Mosquera, e o director do Museo, Xosé Manuel Rey, visitaron este...
A primeira semana de traballo do estudo arqueolóxico de Santa Clara vén de sacar á luz máis de 2.000 restos cerámicos, así como construcións como pavimentos e canalización de auga soterradas. Este mesmo venres comezaron a aparecer tamén as tumbas do claustro, que serán analizadas por persoal forense que poderá...
Persoal da Misión Biolóxica de Galicia, un centro que depende do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), visitaba este martes a horta de Santa Clara. En colaboración con integrantes da Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA), o equipo do Grupo de Viticultura, Oliveira e Rosa coa investigadora María del Carmen Martínez á...
O día no que se cumprían seis meses desde que o Concello formalizou a compra do convento de Santa Clara coñecemos parte dos plans que o executivo municipal ten para o futuro deste espazo, especialmente con respecto aos xardíns do antigo cenobio.
No transcurso dun acto celebrado nos corredores do claustro...
Persoal especializado da Estación Fitopatolóxica de Areeiro (EFA) analizan durante estes días as plantas do xardín do convento de Santa Clara coa intención de localizalas e identificalas para realizar un inventario botánico. Durante as primeiras observacións, segundo informan desde a Deputación de Pontevedra, foron detectadas varias árbores "de importancia", máis...
Comezaron os traballos de exhumación dos restos soterrados no cemiterio do antigo convento de Santa Clara en Pontevedra. Segundo o sinalado polo concelleiro de Patrimonio Histórico, esta actuación debería finalizar ao longo do mércores.
É o último proceso que quedaba por facer, logo da suspensión de enterramentos e clausura de cemiterio...
Coa intención de comprobar os traballos de desentullo realizados durante os últimos días no convento de Santa Clara, o vicepresidente da Deputación, César Mosquera; o director do Museo, Xosé Manuel Rey; e o concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda, realizaban unha visita polo recinto, no que a próxima semana iniciarase...
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores, avanzaba este venres que se retoma a programación de visitas prevista polo Concello de Pontevedra ao antigo convento de Santa Clara.
A primeira cita será a fin de semana do 21 e 22 de maio.
Tanto o sábado como o domingo, en horario ininterrompido...
Os estudos arqueolóxicos e históricos que o Museo de Pontevedra realizará nas instalacións do Convento de Santa Clara comezarán a primeiros do vindeiro mes de xuño.
Así o anunciou hoxe o vicepresidente da Deputación de Pontevedra César Mosquera logo de que a Xunta de Goberno Provincial aprobara a adxudicación os...
O convento de Santa Clara, seis meses despois de pasar a ser patrimonio público, segue a xerar grandes sorpresas. A última, polo de agora, vén da man das tarefas de limpeza que se están a facer para abordar, a partir de xuño, os sondeos arqueolóxicos para ampliar o Museo.
Os traballos...
O pianista vigués Iván Fernández será o protagonista do próximo concerto de 'Híbridas en Santa Clara', que se celebra na capela do convento. A cita está prevista para o venres 13 de maio a partir das 20.00 horas.
O músico interpretará ao piano obras de catro autores galegos: Xoán Montes, Andrés Gaos,...
En xuño, se se cumpren as previsións, arrancarán os traballos para os sondeos arqueolóxicos previos que se farán no convento de Santa Clara para avanzar no proxecto para a súa rehabilitación. Así o adiantou o edil de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda.
O paso previo para poder licitar estes traballos, que vai...
Híbrido/a. Dito dunha cousa: Que é produto de elementos de distinta natureza.
Con ese espírito nace un novo programa cultural en Pontevedra. É unha aposta por fusionar diferentes disciplinas artísticas e facelo ademais nun marco incomparable: a igrexa do antigo convento de...
No marco do protocolo asinado entre a Deputación e o Concello de Pontevedra para estudar a viabilidade de incorporar o Convento de Santa Clara ao Museo, a administración provincial adxudicará a próxima semana "o estudo arqueolóxico máis completo que se fixo nunca en calquera outro ben en Pontevedra".
Para este traballo...
Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, avanzaba este martes a programación de visitas prevista polo Concello de Pontevedra ao antigo convento de Santa Clara durante as próximas semanas. O rexedor indicou que se mantén unha gran demanda cidadá para coñecer as instalacións e cuantificou en 10.000 o número de...
A creación de sinerxías coa sociedade pontevedresa é un dos obxectivos que busca o Concello de Pontevedra para sacarlle o máximo rendemento a Santa Clara. Así, ao mesmo tempo que continúan as visitas guiadas ao convento, estanse a trazar diferentes alianzas.
Un destes acordos é o que se está a estudar...
A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra aprobou este venres a realización dun estudo arqueolóxico e histórico que o Museo de Pontevedra fará sobre as instalacións do Convento de Santa Clara. Trátase do "maior e máis completo da súa natureza que se leva feito en Pontevedra ata o momento" e...
Ás 17.00 horas deste venres 18 ábrese o prazo para inscribirse nas reservas para realizar visitas guiadas durante o mes de marzo ao interior de Santa Clara. Segundo informa o goberno local de Pontevedra, as persoas interesadas en participar deberán encher o formulario que figura en www.santaclarapontevedra.gal.
Os visitantes que xa...
"Estamos encantados de venir a Pontevedra otra vez", sinalou o director da rede Placemaking Europe, o economista Ramón Marrades, tras pisar de novo a cidade que estes días acolle a reunión anual do consello desta fundación sobre urbanismo sostible.
É o "aperitivo" ao congreso que se celebrará en setembro e no...
Este sábado comezaron as primeiras visitas guiadas que o Concello de Pontevedra ofrece ao interior do Convento de Santa Clara. Este é o primeiro día das visitas que se realizarán todos os fines de semana do mes de febreiro. Terán catro quendas por día e poderán participar 20 persoas para garantir...
O Concello de Pontevedra iniciou este venres a instalación dunha rampla que dará acceso á Igrexa do Convento de Santa Clara.
A estrutura metálica estará recuberta de madeira e permitirá entrar no templo dende a rúa Santa Clara, eliminando as barreiras arquitectónicas e permitindo entrar a todas as persoas pola porta...
Carmela Silva e César Mosquera, presidenta e vicepresidente da Deputación de Pontevedra, enviaron unha carta ao ministro de Cultura, Miquel Iceta, para solicitar un encontro persoal no pedirán unha participación activa no financiamento das obras dos edificios históricos do Museo de Pontevedra, ademais da súa implicación nun espazo que acolla...
10 de febreiro. Esa é a data prevista para a celebración do primeiro evento público en Santa Clara. Será unha conferencia que impartirán os organizadores da Placemaking Week Europe, o congreso sobre urbanismo sostible que acollerá Pontevedra en setembro.
Esta cita, que terá como escenario a capela do histórico convento, busca...
En 28 minutos quedaron esgotadas as reservas para realizar as primeiras visitas guiadas ao interior do recinto do convento de Santa Clara, previstas para as fins de semana do mes de febreiro. Rexistrábase, desta forma, unha gran demanda para lograr as 640 prazas que se atopaban dispoñibles para visitar este...
As viñas de Santa Clara foron este venres obxecto dunha primeira visita por parte de técnicos da Asociación Galega de Viticultura para poder identificar, nun futuro próximo, o tipo de variedades de uva que medran neste espazo histórico.
A agrupación, representada polo seu presidente Roberto Rivas e por un dos seus...
A incorporación de Santa Clara e os seus arredores ao patrimonio municipal parece que non concluíu. O Concello puxo os seus ollos sobre o edificio anexo, propiedade do Arcebispado de Santiago, para que forme parte de todo este ámbito urbano que se abrirá á cidade.
O inmoble, que comparte muros e...
As persoas integrantes do Consello Asesor do Museo de Pontevedra visitaron este mércores o interior do Convento de Santa Clara acompañados do vicepresidente da Deputación de Pontevedra, César Mosquera e do director do Museo Xosé Manuel Rey.
A finalidade desta visita era que as persoas integrantes do Consello Asesor fagan a...
O Museo de Pontevedra deu este martes o primeiro paso para poñer en marcha os estudos necesarios para coñecer "os misterios" que levan séculos agochados entre os muros do convento de Santa Clara, un paso necesario de cara a empezar cun proceso de posta en valor do edificio e o...
César Mosquera, vicepresidente da Deputación, considera que 2022 será un dos anos fundamentais para a historia do Museo de Pontevedra ao estar prevista a incorporación e reforma das instalacións do Convento de Santa Clara como parte dos espazos museísticos e coa obra de rehabilitación dos edificios centrais situados no centro...
Para a presidenta da Deputación de Pontevedra, "é obrigado" que a Xunta de Galicia e o Estado español se "involucrense" no proxecto para rehabilitar o convento de Santa Clara e poder adscribilo ao Museo de Pontevedra como parte dunha ambiciosa ampliación.
Así o reiterou Carmela Silva este mércores, ao sinalar que...
Paloma Castro, deputada socialista no Parlamento de Galicia, presentou unha batería de iniciativas para demandar á Xunta de Galicia que colabore coa Deputación e co Concello de Pontevedra para acometer a rehabilitación do Convento de Santa Clara.
No escrito, a representante do PSdG-PSOE reivindica o valor patrimonial, histórico do inmoble que...
Ante o éxito que tiveron esta fin de semana as dúas xornadas de portas abertas para visitar o convento de Santa Clara, máis de sete mil persoas entre o sábado e o domingo, o Concello tomou a decisión de organizar novas visitas ao antigo cenobio.
A portavoz do goberno municipal, Anabel...
As dúas primeiras xornadas de portas abertas para coñecer os xardíns e zona exterior do Convento de Santa Clara resultaron todo un éxito.
Se durante o sábado foron 2.803 os visitantes ao recinto, o domingo a cifra mesmo se multiplicou cun regueiro constante de persoas desde as 10.00 horas da mañá...
O Convento de Santa Clara é o protagonista do tradicional calendario de mesa que edita anualmente o Concello de Pontevedra.
Este calendario, do que se editaron 15.000 exemplares, estará dispoñible a partir deste luns 20 de decembro na a Oficina de Turismo da Casa do Concello e nas dependencias municipais de...
"Estou alucinando. A impresión é incrible, e as posibilidades que ten este espazo son infinitas". Son as palabras de Belén, unha dos moitos pontevedreses que aproveitaron este sábado a primeira das xornadas de portas abertas á cidadanía para coñecer os xardíns e zona exterior do Convento de Santa Clara.
"Paréceme espectacular....
O Concello de Pontevedra organizou este venres unha visita institucional ao convento de Santa Clara na que foron convidados todos os representantes institucionais da cidade e tamén do Goberno galego.
Tivo lugar ás 10.00 horas e foi guiada tanto polo interior do edificio como na zona verde. A continuación, ás 12.00 horas, houbo...
O concelleiro de urbanismo, Xaquín Moreda, expresou a "satisfacción" do Concello de Pontevedra pola acollida que tivo a xornada de portas abertas do convento de Santa Clara para os veciños.
Xaquín Moreda valorou que a convocatoria deste mércores tivo "moito éxito" xa que "a xente estaba desexosa de entrar porque levaban...
O vicepresidente primeiro da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, evitou confirmar o apoio financeiro da administración autonómica na rehabilitación do convento de Santa Clara, na cidade de Pontevedra, ata que non haxa maior concreción sobre o que se quere facer.
Preguntado polos xornalistas este xoves no transcurso dun acto na Boa...
"Que emoción! Tantos anos pasando por aquí desde nena e por fin poder entrar a coñecelo". Foi a expresión dunha veciña da rúa Santa Clara que este mércores puido acceder por primeira vez ao interior dun convento que leva séculos sendo un espectador de luxo da historia da cidade, pero...
O portavoz do grupo municipal do Partido Popular de Pontevedra, Rafa Domínguez, expresou este martes o seu rexeitamento á cesión da propiedade de Santa Clara por parte do Concello á Deputación.
Rafa Domínguez puntualizou que a postura do PP é favorable á operación de compra por parte do Concello, entendendo que...
O Concello e a Deputación de Pontevedra asinaron este martes, 14 de decembro, un protocolo que permitirá realizar os estudos necesarios no convento de Santa Clara e os seus espazos para comprobaren a súa viabilidade á hora de pasar a formar parte do Museo de Pontevedra como unha nova extensión...
O Concello de Pontevedra acordou a cesión definitiva do convento de Santa Clara á Deputación.
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores e a presidenta da Deputación, Carmela Silva asinarán este martes 14 de decembro o protocolo de colaboración que establecerá as condicións que rexerán este acordo que este luns...
Operarios municipais están a traballar para arrombar os espazos verdes de Santa Clara. A intención do Concello é que os xardíns do antigo convento estean en perfectas condicións para as xornadas de portas abertas da próxima fin de semana, 18 e 19 de decembro.
Será un evento libre, que permitirá coñecer...
A corporación municipal apoia sen fisuras a adquisición do convento de Santa Clara. Así o destacaron os portavoces do Partido Popular e do PSdeG-PSOE que, acompañados dos seus compañeiros, entraron este venres por primeira vez no seu interior.
"É unha boa operación que ten o noso completo apoio", sinalou o líder...
A rehabilitación básica de Santa Clara podería custar oito millóns de euros. Así o calculou este xoves o concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda, arquitecto de profesión. O edil compareceu ao día seguinte da histórica sinatura que sumou o convento e o seu terreo ao patrimonio público de Pontevedra e, a...
Pontevedra abre hoxe unha nova páxina na súa historia. O convento de Santa Clara xa forma parte do patrimonio público da cidade. O Concello formalizou este mércores a compra do histórico inmoble, que se abrirá moi pronto a toda a cidadanía.
"É un día histórico para Pontevedra", destacou o alcalde, Miguel...
O Convento de Santa Clara será de propiedade municipal en decembro se se cumpren as previsións do goberno local de Pontevedra para realizar a sinatura da adquisición deste recinto relixioso.
Xaquín Moreda, concelleiro de Urbanismo, avanzaba este martes que se espera que o acto se desenvolva durante a próxima semana, con día...
O Concello de Pontevedra celebrou este xoves unha Xunta de Goberno extraordinaria na que deu por pechado o expediente administrativo para a compra do convento de Santa Clara.
Este acto permite desbloquear os 3,2 millóns de euros que suporá a adquisición do mosteiro, tal e como se acordou coa congregación das...
Santa Clara está só a un par de sinaturas de pasar a formar parte do equipamento do Concello de Pontevedra. O antigo convento pasará a disposición pública nas vindeiras semanas, logo de se formalizar todo o procedemento administrativo requirido para a súa compra.
Segundo informou o concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín...
Desde que se soubo que o Concello de Pontevedra ía adquirir o convento de Santa Clara, todos os ollos puxéronse no Museo. Incorporar este conxunto histórico permitiría ampliar o espazo expositivo do que dispón a institución e fixo cambiar a súa planificación.
A falta do anuncio oficial, que en todo caso...
O mércores 13 de outubro inícianse os traballos para medir e documentar graficamente o recinto de Santa Clara, dentro das últimas tramitacións que o Concello de Pontevedra realiza para adquirir este espazo.
Destas operacións obterase unha mostra gráfica en 3D e de alta definición, a primeira destas características que se realiza...
A compra do convento de Santa Clara por parte do Concello de Pontevedra está cada vez máis preto. O luns darase o que será un dos pasos definitivos ao aprobarse na Xunta de Goberno local a oferta de compra que se enviará á orde relixiosa das Clarisas.
O concelleiro de Patrimonio,...
Outubro. É a data prevista polo Concello para poder asinar a compra do convento de Santa Clara, polo que pagará 3,2 millóns de euros á orde relixiosa das clarisas.
Para poder iniciar o proceso administrativo para adquirir o histórico inmoble, segundo explicou o edil de Patrimonio, Xaquín Moreda, había que realizar...
Tras coñecerse que a Deputación de Pontevedra frea o proxecto soterrado do Museo de Pontevedra e iniciará a rehabilitación dos edificios centrais, a deputada do PP provincial, Pepa Pardo, sinala que "por fin recapacitan y aceptan la propuesta del Partido Popular para rehabilitar el corazón del Museo y abandonar la...
Para o BNG, o proxecto 'estrela' para seguir transformando a cidade de Pontevedra é a recuperación do convento de Santa Clara. Así o sinalou non só o alcalde, senón tamén a portavoz nacional do partido, Ana Pontón, que reclama a colaboración da Xunta.
Nun acto celebrado nos xardíns de Marescot, Pontón...
"Aínda que non o pareza, agora mesmo estás dentro do convento". A expresión chama a atención en calquera contexto, pero máis se a pronuncian no interior dun comercio sen ningún tipo de vínculos coa Igrexa. Pódese pronunciar, se ningún temor a equivocarse, en tres baixos comerciais e varios pisos situados...
Os retablos de Santa Clara permanecerán no convento. Polo menos, polo momento. As clarisas chegaron a un acordo para ceder todos os bens mobles e artísticos que se conservan no histórico inmoble ao Concello. Será unha cesión gratuíta.
Durante o próximos catro anos, será a administración municipal a encargada de custodiar...
Tras a confirmación da compra do convento de Santa Clara por parte do Concello, todas as miradas están postas no Museo de Pontevedra. Moitos entenden que a mellor opción para a súa conservación é cedelo a este organismo para que xestione o histórico inmoble.
A este respecto, o vicepresidente da Deputación,...
Para o Partido Popular a compra do convento de Santa Clara por parte do Concello é unha "muy buena noticia" para Pontevedra. O seu portavoz, Rafa Domínguez, sinalou "con rotundidad" que esta adquisición é beneficiosa para os intereses dos pontevedreses.
O prezo de compra pactado, uns 3,2 millóns de euros, "nos...
O convento de Santa Clara pasará a ser público. O Concello de Pontevedra chegou a un preacordo verbal coas clarisas, a orde relixiosa propietaria do histórico inmoble, para adquirilo. O prezo pactado entre ambas as partes é de 3,2 millóns de euros.
"É un día histórico para Pontevedra", sinalou o alcalde,...
As negociacións que o Concello de Pontevedra emprendeu o pasado outono para adquirir o convento de Santa Clara están "bastante avanzadas" e, tras varios meses de conversacións coas autoridades relixiosas, xa só quedan "flocos" pendentes para poder pechar a adquisición.
Así o confirmou este martes o concelleiro de Patrimonio Histórico, Xaquín Moreda, que deu conta...
Pablo Fernández, concelleiro do Partido Popular de Pontevedra e responsable da área de Urbanismo dentro do equipo que dirixe Rafa Domínguez, presentaba este venres un escrito no rexistro municipal no que demanda que se permita ao PP fiscalizar a posible adquisición do convento de Santa Clara.
"Non queremos un pelotazo inmobiliario",...
O alcalde de Pontevedra, Miguel Anxo Fernández Lores marca como obxectivos prioritarios para o 2021 a compra do convento de Santa Clara e o novo contrato de recollida do lixo e limpeza viaria.
Así o recolle na memoria da Alcaldía dos Orzamentos para 2021, unhas contas municipais "nunca antes presentadas nin...
Un equipo técnico do Concello realizou unha visita ao recinto do convento de Santa Clara para valorar o estado de conservación tanto das edificacións como da finca exterior.
Na visita a Santa Clara, que estivo encabezada polos concelleiros César Mosquera e Xaquín Moreda, participou un amplo equipo formado por persoal técnico...
O convento de Santa Clara de Pontevedra, pertencente á Orde das Clarisas, pechou as súas portas en setembro de 2017, tras preto de sete séculos de actividade relixiosa. O motivo, non poder mantelo coas dúas únicas monxas que permanecían nel, ambas as dúas de idade avanzada.
Este inmoble, protexido e catalogado...
O Concello de Pontevedra convidaba aos cidadáns a visitar o Convento de Santa Clara, dentro das xornadas de patrimonio invisible. Tal foi o interese, que en apenas un minuto xa se cubriran todas as prazas. Malia habilitar unha segunda quenda de visitas, 400 persoas quedaron na lista de agarda, que...
Este venres, dentro dos actos da Semana do Patrimonio Invisible, realizábase a visita ao Convento de Santa Clara que xa hai días esgotou as súas prazas, como informabamos en Pontevedra Viva.
Este interese dos pontevedreses motivou que lle preguntásemos ao alcalde, Miguel Anxo Fernández Lores, sobre o punto no que se...
O interese dos pontevedreses por coñecer por dentro o convento de Santa Clara quedou demostrado polo feito de que as prazas -un total de 75- para as cinco visitas guiadas previstas o mércores 17 de xullo esgotáronse nun só minuto.
Ás nove da mañá abríase o prazo de inscrición para a...
O patrimonio histórico e artístico de Pontevedra é indubidable. Rúas, prazas e edificios -públicos ou privados- están cheos de tesouros dos que poder presumir. Pero a cidade ten tamén unha herdanza monumental "invisible", lugares que habitualmente están pechados ao público ou que contan con recunchos descoñecidos para os cidadáns.
Por iso...
Xa hai máis dun ano desde que o convento de Santa Clara pechou a súa actividade na Boa Vila. Concretamente foi o día 26 de setembro de 2017 cando recibimos a nova do peche dun ciclo histórico que perduraba máis de sete séculos na nosa cidade.
Marea Pontevedra amosa a súa...
En setembro, o convento de clausura de Santa Clara pechaba as súas portas. A Orde de Santa Clara decidía trasladar a Santiago de Compostela ás tres monxas que residían no recinto. A avanzada idade de dúas delas levou á congregación relixiosa a tomar esta decisión. Un feito histórico, xa que...
As clarisas parecen estar dispostas a falar co Concello de Pontevedra acerca do futuro do convento de Santa Clara, pechado desde setembro. Un primeiro contacto entre ambas as partes xa se celebrou. Foi o pasado venres en Santiago de Compostela.
O alcalde de Pontevedra, acompañado do concelleiro de Patrimonio, mantivo un...
O peche do convento de clausura de Santa Clara coa mudanza a Santiago de Compostela das tres únicas monxas que permanecían no recinto abriu un amplo abano de posibilidades para o futuro uso do recinto. Entre todas elas, os pontevedreses móstranse partidarios de abrir a horta e o xardín actuais...
O peche do convento de Santa Clara abre, segundo o alcalde, a posibilidade de recuperar "para toda a cidade" un espazo que Miguel Anxo Fernández Lores cualificou como un "gran patrimonio" arquitectónico e ambiental.
Así, anunciou que o Concello tentará incorporar este convento ao espazo público da Boa Vila. O goberno...
O convento de clausura de Santa Clara pechou. As tres monxas que permanecían nas instalacións relixiosas nos últimos tempos trasladáronse nas últimas horas a Santiago de Compostela e o recinto quedou oficialmente sen actividade.
As monxas que permanecían no convento, dúas delas de idade moi avanzada, pertencen á Orde de Santa...