A misión da Brilat en Mali aplicará medidas de prevención ante o ébola

Pontevedra
12 de outubro 2014

Uns 120 efectivos da Brigada Lixeira Aerotransportable Galicia (Brilat), a maioría pertencentes á base Xeneral Morillo de Pontevedra, despregaranse en Mali ao longo do próximo mes de novembro. Un labor para o que levan adestrando de xeito específico dende hai varias semanas

Destacamento 'Marfil' na Operación 'Serval' (Mali) Ministerio de Defensa

Uns 120 efectivos da Brigada Lixeira Aerotransportable Galicia (Brilat), a maioría pertencentes á base Xeneral Morillo de Pontevedra, despregaranse en Mali ao longo do próximo mes de novembro. Un labor para o que levan adestrando de xeito específico dende hai varias semanas.

A Brilat asumirá o mando da misión europea que consiste en instruír o exército de Mali para mellorar as súas capacidades na loita contra o terrorismo yihadista e protexer as instalacións das tropas africanas.

O xefe de Estado Maior da Defensa (Jemad), almirante xeral Fernando García Sánchez, sinalou que o Ministerio de Defensa aplica dende hai seis meses medidas de prevención ante o ébola entre os militares destinados en misións no exterior, especialmente entre os destinados en África.

O máximo responsable da cúpula militar recordou que España ten actualmente despregadas misións na República Centroafricana, Gabón, Senegal, Mali, Djibouti e Somalia.

Pola súa banda o xeneral xefe da Brilat, Luis Cebrián, sinalou que o virus do ébola ébola "no está como un riesgo detectado grave"  na misión de Mali. "Ahora mismo están con la conferencia sobre salud y sanidad previa al despliegue y les habrán dado las recomendaciones correspondientes", precisou o xeneral.

Cebrián precisou que "el plan de instrucción" para esta misión "no está concluido", polo que o adestramento que levan recibindo os militares dende hai semanas continuará aínda este mes.

Case simultaneamente o desplegamento en Mali, un batallón da Brilat sairá con destino a Herat (Afganistán) dentro da operación Apoio Decidido auspiciado pola OTAN.