A reforma da estrada PO-234 é a "crónica dunha cacicada anunciada"

Ponte Caldelas
10 de febreiro 2016

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz manifestou o seu desexo de non convertir nunha "liorta política" unha cuestión de "interese xeral para os cidadáns", como é a mellora da estrada PO-234, polo que trasladará a información e as medidas a tomar colectivamente polos veciños e Concello de Ponte Caldelas a unha próxima asemblea na Casa do Pobo de Laxoso

Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas PSOE de Ponte Caldelas

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz ve nas palabras do delegado territorial da Xunta, José Manuel Cores Tourís "a crónica dunha cacicada anunciada" en referencia á estrada PO-234 entre Laxoso e Augasantas e "a búsqueda dunha xustificación para arranxar o vial no termo municipal de Cotobade, o que ten menos perigosidade e onde goberna o PP, e como xeito de castigar aos veciños de Ponte Caldelas por ter mudado de goberno en 40 anos", asegurou o rexedor.

Andrés Díaz manifestou o seu desexo de non convertir nunha "liorta política" unha cuestión de "interese xeral para os cidadáns", como é a mellora da estrada PO-234.

Por iso, trasladará a información e as medidas a tomar colectivamente polos veciños e o Concello de Ponte Caldelas a unha próxima asemblea na Casa do Pobo de Laxoso para analizar en profundidade "un grave problema de seguridade vial que pon en serio risco, diariamente, a vida das persoas e sobre o que está a actuar con total irresponsabilidade o goberno da Xunta", indicou o alcalde.

Díaz asegura que esta "estratexia de dilación da Xunta para favorecer aos concellos gobernados polo PP" enmárcase dentro da "campaña de acoso e derribo" á que é sometido o Concello de Ponte Caldelas con inspeccións "por terra, mar e aire que non se viron en décadas e que teñen sobrecargados aos funcionarios en presentar todo tipo de papeleo que está entorpecendo o normal desenrolo da actividade municipal".

Arquivado en