Andrés Díaz confirma que optará á reelección en 2023 como alcalde de Ponte Caldelas

Ponte Caldelas
09 de novembro 2021

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, confirmou que se presentará á reelección nas eleccións municipais que se celebrarán en 2023. Aínda que resta ano e medio para os comicios, quixo despexar dúbidas e reitera que traballará para "seguir mellorando" a calidade de vida do municipio

Andrés Díaz, alcalde de Ponte Caldelas Mónica Patxot

O alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, confirmou que se presentará á reelección nas eleccións municipais que se celebrarán en 2023.

Díaz, que ostenta a Alcaldía deste municipio pontevedrés desde 2015 -primeiro á fronte dun tripartito con BNG e independentes e desde 2019 con maioría absoluta- asegura que aínda ten por executar proxectos "ilusionantes e importantes".

Aínda que resta ano e medio para os comicios, o rexedor de Ponte Caldelas quixo despexar dúbidas e reitera que traballará para "seguir mellorando" a calidade de vida do municipio, especialmente nos ámbitos máis rurais.

"Se os votantes queren compartiremos máis anos de traballo, dedicación e amor por Ponte Caldelas", subliñou o concelleiro.

Dentro da carteira de proxectos pendentes, Andrés Díaz asegurou que seguirá "loitando" para impulsar a estación termal de Ponte Caldelas, que herde a longa tradición do antigo balneario.

Esta iniciativa, segundo Díaz, dará a este concello "o impulso económico e turístico que merece".