Boa acollida do mercado Segundo Premio na Parda

Pontevedra
23 de novembro 2025

Veciñanza e visitantes participaron este sábado 22 na feira de segunda man, que contará cunha nova edición o día 29 no Gorgullón

Persoas vendo roupa no mercado Segundo Premio na Parda

O barrio da Parda acolleu este sábado 22 de novembro o mercado de troco e segunda man Segundo Premio, con notable participación de particulares, asociacións e comercios especializados.

Ata a zona achegábase a concelleira de Promoción Económica, Anabel Gulías.

Na Praza da Citara, fronte ao centro social Zona Leste, a veciñanza tivo ocasión de intercambiar e adquirir todo tipo de artigos en bo estado, como xoguetes, mobiliario ou roupa.

Ao mesmo tempo, o espazo acollía obradoiros para a infancia e un ambiente festivo durante a sesión vermú.

A actividade, que forma parte da programación A pé de rúa, rexistrou unha alta demanda, con máis de trinta persoas inscritas e lista de agarda.

A concelleira Anabel Gulías vendo produtos no mercado Segundo PremioConcello de Pontevedra

Para participar nas próximas convocatorias, é posible inscribirse a través do correo apederua@gmail.com.

A seguinte edición do mercado Segundo Premio celebrarase o 29 de novembro no barrio do Gorgullón, entre as 11.00 e as 16.00 horas, cunha nova aposta por dar unha segunda vida a determinados obxectos que xa non se usan.

Celebración de Segundo Premio na Praza da Cítara, na PardaConcello de Pontevedra