Caldas de Reis festexa a chegada do Nadal

Umia
29 de novembro 2025
Actualizado: 9:55

Unha gran festa na Prazuela serviu este venres para acender a iluminación do Nadal e dar a benvida ao grande ao período festivo

Aceso da iluminación de Nadal en Caldas Concello de Caldas de Reis

Xa é Nadal en Caldas de Reis.

Cunha gran festa, na Prazuela, os veciños de Caldas fixeron oficial a chegada do período festivo co aceso das luces.

Non faltaron música, chocolate e roscón, ademais de elementos de pirotecnia.

Benvida ao Nadal en CaldasConcello de Caldas de Reis

O momento culmen da celebración chegou ás 20.00 horas, cando o tenente de alcalde, Manuel Fariña, pulsou o botón que iluminaba o municipio rodeada de nenos e nenas.

Até o próximo 6 de xaneiro, en horario de 18.00 horas da tarde a 2.00 horas da madrugada, os veciños poderán gozar das sempre populares luces de Nadal.

Acto de aceso da iluminación de Nadal en CaldasConcello de Caldas de Reis

Ilumináronse 67 arcos e outros moitos elementos decorativos en prazas e rúas.

É a mesma cifra que hai un ano con até 15.537 watios de potencia.

Todo repartido en máis de 500.000 leds e máis de 1.000 metros cadrados de iluminación ao longo de toda a vila.

Iluminación de Nadal en CaldasConcello de Caldas de Reis

 

Arquivado en