Día grande en Arcade para despedir a XXXVIII Festa da Ostra

Soutomaior
05 de abril 2026
Actualizado: 06 de abril

Centos de persoas acudiron este domingo 5 de abril a gozar da xornada principal da Festa da Ostra de Arcade

XXXVIII Festa da Ostra de Arcade Concello de Soutomaior

Arcade vestiu este domingo coas súas mellores galas para gozar do día grande da XXXVIII Festa da Ostra.

Centos de persoas achegáronse até o peirao para participar dunha animada xornada.

Ademais de degustar a ostra ao natural ou probando algunha outra elaboración, o bo ambiente contaxiou cada recuncho da localidade.

A actividade arrincou cos pasacalles das bandas Artística e Cultural de Arcade.

Despois chegou o pregón, a cargo de María Codesido García, acompañada de autoridades como entre outros o alcalde de Soutomaior, Manu Lourenzo, ou a conselleira de Mar, Marta Villaverde.

A actuación ao mediodía de Fernando Sánchez Jazz Quartet e o grupo Louoband ás 18:00 horas puñan o broche musical a unha xornada para o recordo.