Froiz amplía a súa rede comercial cun novo supermercado de dúas plantas en Cerdedo

Cerdedo Cotobade
07 de xullo 2025
Actualizado: 15:28

Froiz afianza su presencia estratéxica no norte da provincia coa apertura dun gran supermercado en Cerdedo. Está situado no corazón da vila e ocupa dúas plantas dun céntrico edificio

Inauguración do supermercado Froiz en Cerdedo Concello de Cerdedo-Cotobade

Dez postos de traballo vén de crear o Grupo Froiz para atender o seu novo establecemento comercial, un supermercado de dúas plantas situado no centro urbano de Cerdedo.

O supermercado ocupa un céntrico edificio na arteria principal da vila, no que Froiz despregará toda a súa oferta comercial de alimentación, froitería, pescadería, charcutaría ou drogaría.

Esta tenda pertenceu na etapa anterior á familia Fortes baixo o nome de "A Tenda da Aldea".

Agora sufriu unha profunda transformación para converterse en gran supermercado de referencia en Cerdedo e toda a súa zona de influencia, a tenda 251 do Grupo Froiz.

O alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela, acudiu este luns á inauguración deste gran supermercado, acompañando aos directivos desta recoñecida firma pontevedresa, líder en Galicia no sector da alimentación.

Inauguración do supermercado Froiz en CerdedoConcello de Cerdedo-Cotobade

Cubela compartiu cos traballadores a ilusión dun novo proxecto e desexoulles a tanto a eles como ao directivo José Froiz os mellores desexos de éxito.

Ao tempo, o rexedor agradeceu a aposta que fan por Cerdedo "nun momento estratéxico moi especial cun concello en pleno auxe, medrando tanto en poboación como na aposta que distintos emprendedores e empresas consolidadas están facendo polo noso territorio".

O alcalde referiuse tamén á importancia estratéxica da ubicación deste novo supermercado.

Fíxoo non só desde o punto de vista xeográfico, "senón polo pulo que nos dá no noso traballo a prol do enraizamento da poboación, o achegamento de servizos á veciñanza e a creación de riqueza", destacou Jorge Cubela.

Inauguración do supermercado Froiz en CerdedoConcello de Cerdedo-Cotobade