Máis de 50 particulares e micropemes xa solicitaron axudas Supera20 ao Concello de Pontevedra

Pontevedra
10 de outubro 2020

As peticións poden presentarse ata o mércores 14 de outubro ás doce da noite a través da sede electrónica. Tratáse dunha liña de subvencións dotada con 1.250.000 euros que permite financiar proxectos con ata 5.000 euros

Fernández Lores e Anabel Gulías visitan as oficinas de Supera20 Mónica Patxot

Continúa aberto o prazo para que autónomos e micropemes soliciten as axudas Supera20 ao Concello de Pontevedra. Ata o momento recibíronse nas oficinas municipais 56 peticións. 

a través destas axudas que conta cun fondo de 1.250.000 euros financiaranse proxectos de ata 5.000 euros. O prazo para presentar a solicitude pecharase o vindeiro mércores 14 de outubro ás doce da noite. Deberán realizarse a través da sede electrónica.

Ata o momento a maioría de actividades económicas que solicitan axudas son academias e hostalería, seguido polo sector téxtil e salóns de peiteado. Pero recolléronse tamén peticións por parte de axencias de viaxe, artes gráficas, alimentación, florerías, fisioterapia e despachos profesionais, entre outras.

As axudas van destinadas a modernizar e mellorar locais e establecementos de actividade empresarial con atención directa ao público que suspendesen a súa actividade durante o estado de alarma con menos de 10 persoas empregadas.

O  Concello mantén dous números de teléfono para asesorar ás persoas que requiran información en horario de 09.00 a 14.00 horas:  618.385.048 e 681.264.835. O alcalde de Pontevedra Miguel Anxo Fernández Lores indica que no caso de que sexa necesaria unha nova convocatoria ou un incremento da dotación estudarase para próximas datas.

Engade Pontevedra Viva como fonte preferida de Google de balde

Mantente informado coas últimas noticias de actualidade.

Activar agora