Marín celebrará o sábado a súa tradicional Papanoelada moteira

Marín
13 de decembro 2021

A saída está prevista para as 17 horas desde a Escola Naval Militar e percorrerá parte do rural e do casco urbano.

Presentación da Papanoelada moteira de Marín do ano 2021 Concello de Marín

Os moteiros máis solidarios volverán visitar Marín este Nadal para recoller alimentos en pro dos máis desfavorecidos.

O concelleiro Manuel Santos e representantes da asociación de Moteiros Solidarios de Galicia presentaron esta mañá a Papanoelada moteira, que terá lugar o sábado 18 de decembro a partir das 17 horas.

Está previsto que a saída sexa da porta da Escola Naval, onde se instalará unha furgoneta para que cada motero poida depositar alí os alimentos non perecedoiros que queiran donar.

A caravana percorrerá o vial de Praias, Seixo, Santomé, o Lavadoiro de Troncosa, O Campo, a Rotonda da Torre, a Baixada de Mirón, Ezequiel Massoni, Jaime Janer, Concepción Arenal, Raimundo Vázquez, Lameiriña e Banco Bilbao para rematar na parada na Alameda Rosalía de Castro.