Marquesiñas de estrea entre Covelo e Raxó

Poio
23 de abril 2020

Na estrada PO-308 no concello de Poio veñen de instalarse sete marquesiñas que darán servizo aos usuarios das liñas de autobús. Tratábase dunha vella demanda, xa que en nalgúns puntos non había previamente ningún tipo de refuxio nas paradas de bus

Nova marquesiña entre Covelo e Raxó, na estrada PO-308 Xunta de Galicia

Na estrada PO-308 no concello de Poio veñen de instalarse sete marquesiñas que darán servizo aos usuarios das liñas de autobús. Tratábase dunha vella demanda, xa que en nalgúns puntos non había previamente ningún tipo de refuxio nas paradas de bus.

As novas marquesiñas sitúanse no treito entre Covelo e Raxó, nunha estrada con alta demanda de pasaxeiros, xa que conecta Poio con localidades como Pontevedra ou Sanxenxo.

As estruturas instaladas pola Consellería de Infraestruturas e Mobilidade forman parte das actuacións de mellora da seguridade viaria que está a executar nesta estrada e que contempla a construción de sendas peonís ou a eliminación do tramo de concentración de accidentes, ao seu paso polo municipio de Poio.

As marquesiñas están elaboradas con madeira de piñeiro e contan cun deseño integrado na paisaxe. Ademais, cumpren as normativas vixentes de prevención de incendios, resistencia de materiais ao lume, actos vandálicos e seguridade viaria.