Nace a plataforma de afectados pola PO-234 cun cento de persoas anotadas

Ponte Caldelas
19 de febreiro 2016

Máis cen persoas de persoas anotáronse para conformar a Plataforma de Afectados pola Estrada PO-234 que naceu formalmente no transcurso da asemblea veciñal celebrada na Casa do Pobo de Laxoso

Asemblea dos veciños de Laxoso Concello de Ponte Caldelas

Máis cen persoas de persoas anotáronse para conformar a Plataforma de Afectados pola Estrada PO-234 que naceu formalmente no transcurso da asemblea veciñal celebrada na Casa do Pobo de Laxoso á que tamén asistiron o alcalde, Andrés Díaz, o tenente de alcalde de AVP, Alfonso Gutiérrez, o tenente de alcalde do BNG, Lito Muíños e a concelleira socialista, Pilar Couto.

A primeira medida de presión que porán en marcha os afectados será a recollida de sinaturas para reivindicar o comezo inmediato das obras.

Esta mobilización levarase a cabo principalmente en Laxoso, pero pretenden ampliala a tódalas parroquias de Ponte Caldelas e tamén dos veciños concellos de Cotobade, especialmente en Augasantas e Valongo, e A Lama.

As sinaturas que se recollan serán entregadas polos voceiros da Plataforma de Afectados pola Estrada PO-234 nas dependencias da Xunta de Galicia para que “podan ver a urxencia e a necesidade de acometer unha obra para evitar que sigan poñéndose en perigo, a diario, vidas humanas”, sinalaron os veciños.

Arquivado en