Nova chamada á vacinación: 2.100 nenas e nenos serán citados na área sanitaria esta semana

Pontevedra
03 de decembro 2025

A convocatoria extraordinaria realizarase no Hospital de día do Provincial o venres pola tarde e o sábado todo o dia e na consulta de pediatría do Hospital do Salnés o venres

Visita de Antonio Gómez Caamaño e José Flores ao centro de saúde da Parda

A Consellería de Sanidade decidiu realizar unha convocatoria extraordinaria esta semana para reforzar a vacinación fronte á gripe entre a poboación infantil de toda Galicia.

A cita vai dirixida a máis de 33.000 nenas e nenos de entre 6 meses e 11 anos de toda Galicia, 2.100 na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.

A idea é citarlles nos hospitais públicos entre a tarde do venres 5 de decembro de 16.00 a 20.00 horas e toda a xornada do sábado 6, de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20.00.

Os dous recintos de vacinación serán el Hospital de día do Provincial en Pontevedra e a consulta de pediatría do Hospital do Salnés.

En Pontevedra a entrada será por consultas externas, na planta traseira do hospital, e serán citados 1.500 nenos e nenas entre o venres pola tarde e o sábado.

NO Salnés, a convocatoria será na planta -1 para 600 nenas e nenos, todas o venres pola tarde.

O conselleiro de Sanidade, Antonio Gómez Caamaño, visitou este xoves o centro de saúde da Parda e aproveitou para facer un "chamamento á vacinación", indicando que xa hai 72.000 galegas e galegos vacinados.

Xa están vacinados máis do 67% da poboación de 65 ou máis anos, o 60% do persoal sanitario e case o 47 % dos menores de 11 anos.

O sentido da vacinación, lembrou Gomez Caamaño, é "previr as gravidades, sobre todo, as infeccións respiratorias" e tamén axudando a restar "tensión" sobre os servizos de urxencias.

O xerente da área sanitaria de Pontevedra e O Salnés, José Flores, referiuse á campaña extraordinaria de vacinación do pasado fin de semana e, a preguntas dos medios, aclarou que "non" lles frustrou a baixa asistencia, pois apoian "todo o que sexa sumar".